1º de abril: Cea 20 Aniversario de CUAC FM Apúntate

IMOS DE CEA… IMOS DE FESTA! CUAC FM quere celebrar o seu 20 aniversario con unha gran festa na que reencontrarnos socios e socias de tódas as épocas, dende os programas recén chegados ata aqueles que puxeron a andar a nosa emisora en 1996. Convidámosvos a participar nunha cena aniversario que de seguro pasará a

CUAC FM participa no 2º Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector en Madrid esta fin de Semana

CUAC FM participa no 2º encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector da Comunicación que ten lugar en Madrid no Centro Social Seco do Retiro e en  Matadero esta fin de Semana. O encontro ten lugar durante o trinta aniversario de  Radio Vallekas. Este sábado 12 de marzo concentrase a maioría das  actividades de participación

CUAC FM participa na campaña Women’s Voices de AMARC poñendo os dereitos da muller a exame

CUAC FM emite dende hoxe 8 de Marzo de 2016, día Internacional da Muller Traballadora, e todo o mes de Marzo, a reportaxe elaborada por CUAC FM “Os dereitos da muller a exame. Discriminación laboral, violencia de xénero e trato discriminatorio cara as mulleres na sanidade pública“. A reportaxe conta coa participación de María Castelo, Mónica Rodriguez

O Pleno Municipal do Concello da Coruña aproba unha moción de apoio a CUAC FM

O Pleno Municipal reunido o luns 7 de marzo de 2016, aprobou a moción de apoio ós medios comunitarios e en particular a emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM. Na sesión interviron José Manuel Sande (Marea Atlántica), Avia Veira (BNG-AA) e Fito Ferreiro (PSdG-PSOE). O Partido Popular manifestou a súa abstención. A moción de apoio foi presentada polo  grupo municipal

O Pleno municipal da Coruña debate esta tarde unha moción de apoio á CUAC FM

O Pleno Municipal do Concello da Coruña, que se celebra hoxe a partires das 17:00 en María Pita, debaterá unha moción de apoio aos medios comunitarios, e concretamente a CUAC FM. Esta moción coincide co 20º aniversario da emisora comunitaria da Coruña. CUAC FM comezou as súas emisións (en probas) un 8 de marzo de 1996.

Comeza un novo curso de iniciación á radio en CUAC FM

CUAC FM realiza tódolos meses o seu curso de iniciación á comunicación radiofónica dirixido aos novos socios e socias dentro do programa de actividades da escola de radio e asociacionismo de CUAC FM. Hoxe, 5 de Marzo, comezou un novo curso de formación co módulo de Asociacionismo e medios comunitarios impartido por Isa Lema. A

Sopas con Onda volve á CUAC FM (estreando a súa 7ª tempada)

Este mes, en CUAC FM, damos a benvida a un programa que volve despois de tomarse uns aniños de descanso e que emiten hoxe ás 22 horas… SOPAS CON ONDA! Falamos con un dos seus compoñentes, o amigo Víctor Grande que así nos describe a súa nova andaina en Cuac Fm. Chamámonos Sopas con Onda

CUAC FM presenta a programación de Marzo de 2016

CUAC FM publica a súa grella de programación do mes de Marzo. CUAC FM é unha radio comunitaria aberta á todas as persoas que queiran facer un programa de radio. Por iso, este mes damos a benvida a tres novos proxectos radiofónicos: – Sopas con Onda (martes 22:00) un programa de humor quincenal conducido por

El Manin e Álvaro Ruíz en concerto o domingo 21 de febreiro grazas a CUAC FM

Domingo 21 febreiro. Concerto “A Rebelión dos Actores Secundarios”: El Manin + Álvaro Ruíz Os músicos de El Kanka presentan os seus discos convidados por CUAC FM. Sala Mardi Gras. 20:00. Entrada: 5 euros. Socias e socios CUAC: 2 euros.

David Lombao, director de Praza Pública, participa este xoves no Observatorio da Comunicación de CUAC

O xornalista lucense DAVID LOMBAO @DavidLombao, director do xornal dixital Praza Pública, será o primeiro participante do ciclo de conferencias nomeado “Observatorio da Comunicación” que CUAC está a organizar no seu XX cumpreanos e que comezará o vindeiro xoves 18 ás 20:00 no local social que CUAC comparte coa AC Alexandre Bóveda. David Lombao participará

Calendario de actividades do XX aniversario de CUAC FM para Febreiro e Marzo

CUAC FM cumpre 20 anos e quere celebralo por todo o alto! Por isto, estamos a preparar unha morea de actividades culturais, musicais, gastronómicas e educativas que encherán o teu calendario de citas ineludíbeis. Para non abrumaros con tanta actividade, imos ir contándovos pouco a pouco o que estamos argallando dende CUAC FM. CALENDARIO DE

“Pregón cuácquero” de Isa Risco e Xurxo Souto (sábado de entroido en Cuac FM)

Vídeo by Tomi Desastre Isabel Risco e Xurxo Souto foron os encargados de inaugurar os actos do XX Aniversario cun magnífico e emocionante pregón dende o balcón do local da A.C. Alexandre Bóveda, coa que CUAC FM comparte local social na rúa Olmos 20.   O vídeo do pregón aínda está en producción (virá, tranquilidade)

CUAC imparte un obradoiro sobre o programa de grabación automática de emisión: RADIOCO

CUAC FM participou o pasado sábado 23 de xaneiro de 2015 na “Xornada de ondas libres e comunitarias” organizada pola radio libre compostelá A Kalimera. Durante a mañá, as radios integrantes da REGARLIC debatiron sobre as problemáticas comúns e estratexias compartidas polo terceiro sector da comunicación en Galicia. O sábado pola tarde, desenvolveronse unha serie

CUAC FM participa no coloquio “Medios de comunicación alternativos: outras formas de comunicar a política”

CUAC FM participou o pasado 30 de xaneiro nun coloquio organizado na Coruña por Marea Atlántica no que se debateu sobre as praxes e viabilidade dos medios de comunicación alternativos. Xunto con Isabel Lema, compañeira de CUAC FM, participaron tamén na mesa, Ana Álvarez, xornalista de Diagonal, Miguel Pardo, de Praza Pública, Antonio Albadalejo de

Xa está dispoñible o vídeo da inauguración da Escola de Radio e Asociacionismo

O compañeiro e artista Tono Galán (Manchea), presentador dos programas “Ondas do Cárcere” e “Reversión”, fixo este estupendo vídeo recordatorio dun dos momentos más significativos para CUAC FM de 2015. Trátase da inauguración do noso novo proxecto: a “Escola de Radio e Asociacionismo” que está situada a carón das instalacións da emisora, no campus da

CUAC FM celebra o seu XX aniversario cun programa en directo ás 12:00 dende a Asoc. Cult. Alexandre Bóveda

CUAC FM inaugura os actos do seu XX aniversario cun “pregón cuácquero” este sábado 6 de febreiro ás 13:04 A Radio Comunitaria da Coruña, CUAC FM, cumpre 20 anos e ímolo a celebrar ao grande cunha morea de actividades que encherán a túa axenda de diversión e que comezarán o próximo sábado 6 de febreiro–

CUAC publica el libro de conclusiones del “Encuentro 14”, el Encuentro Europeo de Medios del Tercer Sector.

CUAC FM ha publicado recientemente la memoria que recoge las conclusiones del Encuentro Europeo de Medios del Tercer Sector: “El Tercer Sector de la Comunicación: creando redes para el intercambio de conocimiento y la comunicación social”. El “Encuentro 14” se celebró en A Coruña en 2014 y en el que participaron más de cien comunicadores

CUAC FM inaugura os actos do seu XX aniversario cun “pregón cuácquero” este sábado 6 de febreiro ás 13:04

A Radio Comunitaria da Coruña, CUAC FM, cumpre 20 anos e ímolo a celebrar ao grande cunha morea de actividades que encherán a túa axenda de diversión e que comezarán o próximo sábado 6 de febreiro– sábado de carnaval- cun PREGÓN  ás 13:04 horas dende o balcón do local social de Cuac/ACAB, na rúa Olmos

CUAC FM presenta a súa grella de programación de Febreiro 2016

Xa estamos a 1 de febreiro e CUAC FM presenta a nova grella de programación de Febreiro. Con 30 horas de producción en directo e e 12 colaboracións externas. Unha programación na que podes atopar coñecidos programas de análise política e social coma El Desinformativo, Alegría, Simplemente Gente e Cuac está a Pasar. Sen esquecernos

A asamblea de CUAC FM de mañá (sábado 30) cambia de emprazamento: esperámoste no Centro Ágora (Ventorrillo)

O Colectivo de Universitarios Activos- CUAC- , asociación cultural propietaria da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM, celebrará mañá sábado 30 de xaneiro a asemblea ordinaria de 2016 e a primeira asemblea extraordinaria do ano, á que están convocadas as persoas asociadas e demáis persoas interesadas en facer un programa de radio en CUAC FM. A asemblea

CUAC celebrará a asamblea de soci@s o sábado 30 de xaneiro de 2016

O Colectivo de Universitarios Activos- CUAC- , asociación cultural propietaria da Radio Comunitaria da Coruña CUAC FM, celebrará o sábado 30 de xaneiro a asemblea ordinaria de 2016 e a primeira asemblea extraordinaria do ano, á que están convocadas as persoas asociadas. A asemblea está tamén aberta a calquera persona (non socia, colaboradora, simpatizante…) interesada en participar

CUAC FM publica a súa Memoria Anual de Actividades de 2015

CUAC FM ven de publicar na súa web a Memoria anual de actividades de 2015 que recolle as principais actividades realizadas polo Colectivo de Universitarios Activos durante o pasado ano. Un ano adicado á xestión da emisora comunitaria da Coruña, á formación radiofónica, á comunicación e divulgación sobre medios comunitarios, investigación e innovación tecnolóxica e

CUAC FM participará na “xornada de ondas libres e comunitarias” impartindo un obradoiro de streaming e “RadioCo”

Unha delegación de CUAC FM participará este sábado 23 de xaneiro de 2015 na “Xornada de ondas libres e comunitarias” organizada pola radio libre compostelá A Kalimera. Durante a mañá, as radios integrantes da REGARLIC debatiremos sobre as problemáticas comúns e estratexias compartidas polo terceiro sector da comunicación en Galicia. O sábado pola tarde, desenvolveranse

Publicado o vídeo do relatorio “Software libre nunha Radio Comunitaria: o caso de CUAC FM”

A Amtega (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia) ven de publicar os vídeos de “casos de éxito no terceiro sector” presentados durante a “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”, que tivo lugar o pasado 22 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura no que

Especial Eleccións #20D de Carne Cruda en Cuac FM ás 19:30

Hoxe 20 de Decembro a partir das 19:30 poderás seguir en directo o Especial Eleccións #20D de Carne Cruda en  CUAC FM no  103.4 da FM coruñesa ou a través do Streaming de CUAC FM. Nesta noite electoral do 20D o equipo de Carne Cruda achegaranos a actualidade informativa cun programa especial para falar de

CUAC FM inaugurará hoxe a sua Escola de Radio e Asociacionismo

O Colectivo de Universitarios ACtivos, asociación propietaria da radio comunitaria CUAC FM, inaugurará hoxe ás 18:00 horas o seu novo proxecto: a “Escola de Radio e Asociacionismo” que estará situada a carón das instalacións da emisora, no campus da Zapateira. O 10 de decembro, Día Universal dos Dereitos Humanos, foi a data escollida para inaugurar

Sábado ás 12:00: debate en CUAC FM entre os dous candidatos á Reitor da UDC

ELECCIÓNS NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA O vindeiro 3 de decembro de 2015 celébrase na Universidade da Coruña as eleccións á reitoría, que escollerá ao reitor e á equipa que gobernará a universidade nos vindeiros catro anos. DEBATE EN CUAC FM Dentro da cobertura especial de CUAC FM, mañá sábado 28 de novembro ás 12: 00

Cobertura de CUAC FM das eleccións á Reitoría da Universidade da Coruña

O vindeiro 3 de decembro de 2015 celébrase na Universidade da Coruña as eleccións á reitoría, que escollerá ao reitor e á equipa que gobernará a universidade nos vindeiros catro anos. Dende CUAC FM queremos facer unha cobertura especial das eleccións que consistirá: Nunha entrevista individual a cada un dos candidatos, Julio Abalde e Daniel

CUAC FM felicita ao colectivo CASCO polo seu 25 aniversario

CUAC FM felicita ao COLECTIVO ANTISIDA DA CORUÑA- CASCO polos seus 25 anos de traxectoria. CUAC FM ven dando conta dende hai case 20 anos do incansable traballo que veñen desenvolvendo na nosa cidade os conxunto de voluntarios, educadores e profesionais de CASCO. Este ano contamos ademáis con eles no espazo de movementos socias do

AMARC- Asociación Mundial de Radios Comunitarias oponse aos plans do Goberno de España de eliminar as radios comunitarias

Sally Galiana, Presidenta de AMARC Europa, en representación de la Asociación Mundial de Radios Comunitarias, envió la siguiente carta al Ministerio de Industria del Gobierno de España, exigiendo la rectificación de sus responsables en las intenciones manifestadas -en un informe interno del Ministerio publicado recientemente- y que supondrían la eliminación de los medios comunitarios en