Asistentes Asamblea CUAC FM Septembro 2014

A Radio Comunitaria da Coruña, CUAC FM, cumpre 20 anos e ímolo a celebrar ao grande cunha morea de actividades que encherán a túa axenda de diversión e que comezarán o próximo sábado 6 de febreiro– sábado de carnaval- cun PREGÓN  ás 13:04 horas dende o balcón do local social de Cuac/ACAB, na rúa Olmos da Coruña (nº 20).

Para comezar os actos do aniversario contaremos con dous pregoneiros de luxo: ISA RISCO (actriz e ex-locutora cuáquera do programa “O Arredemo”) e o polifacético XURXO SOUTO (Padriño de CUAC)***.

O acto terá lugar este mesmo sábado de entroido dende o Balcón da A.C Alexandre Bóveda coa que compartimos espazo na rúa Olmos nº 20.

A partires das 13:04 moita diversión, cuaquerío, música e empanada!….

Camiseta cuackera e disfraz opcional (pero axuda a da cor ao evento).

***Grazas a Isabel Risco e Xurxo Souto por deixarse liar para este momento histórico: Primeiro pregón da historia de CUAC co gallo da inauguración das celebracións dos 20 Anos de CUAC no 103.4 no dial coruñés (e dende 2007 para todo o mundo a través de internet).

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.