A Amtega (Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia) ven de publicar os vídeos de “casos de éxito no terceiro sector” presentados durante a “I Xornada de boas prácticas con Software Libre nas ONGs e Entidades de Acción Social”, que tivo lugar o pasado 22 de outubro no edificio CINC da Cidade da Cultura no que os compañeiros de CUAC FM Chema Casanova e Isabel Lema impartiron o relatorio “Software libre nunha Radio Comunitaria: o caso de CUAC FM”. 

O Software Libre é unha das tecnoloxías principais da infraestrutura de  CUAC FM que nos permite emitir a través de Internet (Icecast), realizar  labores de edición de son (Audacity), ter unha presenza web en internet (WordPress), editar documentos de texto (LibreOffice e Scribus) ou compartir os nosos arquivos internamente (Owncloud). CUAC FM ten migrado nos últimos dous anos ós seus servizos a unha infraestrutura GNU/Linux así como parte dos seus equipos de escritorio.
CUAC FM ten colaborado no desenvolvemento de Software Libre como é o caso do Sistema de gravación automática RadioCo elaborado para CUAC FM por Iago Veloso (traballo fin de grado da Enxeñaría Informática).Neste relatorio presentarase a experiencia de CUAC FM no uso de ferramentas libres, que ten permitido as persoas asociadas traballar dende a casa co mesmo software que empregan na emisora e evitando os custes de licenza.
O contido do relatorio será util para todas aquelas persoas ou entidades sociais que estean interesadas na creación de contidos audiovisuais. Así mesmo farase un percorrido, “a nivel usuario”, das tecnoloxías que nos permiten emitir a través de internet e da nosa páxina web.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.