Asina o manifesto #CUAC RESISTE

MANIFESTO CUAC FM POLO DEREITO A COMUNICAR

Neste manifesto queremos defender o exercicio da liberdade de expresión da cidadanía, a través de calquera medio, e especialmente a través dos medios comunitarios. As radios comunitarias son espazos de comunicación libre, sen ánimo de lucro, independentes e plurais, que cumpren un fin social e dan servizo á súa comunidade. Son espazos democratizadores, que fomentan a cohesión social e a alfabetización mediática da cidadanía.

Os medios comunitarios son un dereito da cidadanía. Así o recoñece a Lei 7/2010 Xeral de Comunicación Audiovisual, mais non o Goberno. Cuac FM leva 21 anos agardando a que lle concedan unha licenza de emisión e 7 anos de espera por un regulamento dos servizos de comunicación comunitaria sen ánimo de lucro que o Goberno non quere aprobar. Pola contra, a Administración ábrelle un expediente sancionador, ameazándoa cunha sanción de ata 200.000€.

Cuac FM tivo que apagar o seu dial no 103.4 da FM coruñesa. Hoxe é CUAC pero mañá será calquera das máis de 300 emisoras libres do estado.

Neste manifesto REIVINDICAMOS o noso dereito á liberdade de expresión e de comunicación e ESIXIMOS aos poderes públicos:

(1) O arquivo inmediato das accións sancionadoras en contra de Cuac FM e en contra do resto de medios libres e comunitarios do estado.

(2) A concesión dunha autorización temporal de emisión para que Cuac FM poida prestar un servizo de Comunicación Comunitaria, tal e como recolle a Lei 7/2010.

(3) A redacción dunha Lei de Comunicación que trate en condicións de igualdade ao Terceiro Sector da Comunicación, faga unha reserva de espazo radioeléctrico para os medios comunitarios, e garanta a sustentabilidade dos mesmos como garantía da pluralidade informativa, do dereito de acceso da cidadanía aos medios, da diversidade cultural e da democratización mediática.

Ler o texto íntegro do manifesto aquí.

 

Aviso legal.

Os datos personais facilitados no presente formulario van ser incorporados a un ficheiro titularidade do Colectivo de Universitarios Activos cuxa finalidade será, exclusivamente, a xestión da campaña #CuacResiste e a recollida de adhesións ao Manifesto polo Dereito a Comunicar. O listado de sinaturas de adhesión poderá ser presentado ante as institucións públicas con competencias na regulación dos servizos de telecomunicación audiovisual, para os fins de reivindicación e defensa dos dereitos dos servizos de comunicación comunitarios sen ánimo de lucro no territorio do estado español.

Coa sinatura do presente formulario vostede está a autorizar ao Colectivo de Universitarios Activos (Cuac) a mantelo informado do desenvolvemento da campaña #CuacResiste a través dos medios de contacto que nos proporciona.

Dicha autorización poderá ser revocada en calquera momento enviando un correo a cuacresiste@cuacfm.org

No caso de desexar retirar a súa sinatura ao mencionado manifesto, envíe un correo electrónico á dirección cuacresiste@cuacfm.org indicándoo expresamente.

MANIFIESTO POR EL DERECHO A COMUNICAR

En este manifiesto queremos defender el ejercicio de la libertad de expresión de la ciudadanía, a través de cualquier medio, y especialmente a través de los medios comunitarios. Las radios comunitarias son espacios de comunicación libre, sin ánimo de lucro, independientes y plurales, que cumplen un fin social y dan servicio a su comunidad. Son espacios democratizadores que fomentan la cohesión social y la alfabetización mediática de la ciudadanía.

Los medios comunitarios son un derecho de la ciudadanía. Así lo reconoce la ley 7/2010 General de Comunicación Audiovisual, pero no el Gobierno. Cuac FM lleva 21 años esperando a que le concedan una licencia de emisión y 7 años a la espera de un reglamento de servicios de comunicación comunitarios que el gobierno no quiere aprobar. Por el contrario, la Administración le ha abierto un expediente sancionador, amenazándola con una sanción de hasta 200.000€.

Cuac FM ha tenido que apagar su díal en el 103.4 de la FM coruñesa. Hoy es Cuac, pero mañana será cualquiera de las más de 300 emisoras libres del estado.

En este manifiesto REIVINDICAMOS nuestro derecho a la libertad de expresión y de comunicación y EXIGIMOS de los poderes públicos:

(1) El archivo inmediato de las acciones sancionadoras en contra de Cuac FM y del resto de medios libres y comunitarios del estado.

(2) La concesión de una autorización temporal de emisión para que Cuac FM pueda prestar un servicio de Comunicación Comunitaria, tal y como recoge la Ley 7/2010.

(3) La redacción de una Ley de Comunicación que trate en condiciones de igualdad al Tercer Sector de la comunicación, haga una reserva de espacio radioeléctrico para los medios comunitarios y garantice la sostentabilidad de los mismos como garantía de pluralidad informativa, del derecho de acceso de la ciudadanía a los medios, de la diversidad cultural y de la democratización mediática.

Lee el texto íntegro del manifiesto aquí.

 

Aviso legal.

Los datos personales facilitados en el presente formulario van ser incorporados a un fichero titularidad del Colectivo de Universitarios Activos cuya finalidad será, exclusivamente, la gestión de la campaña #CuacResiste y la recogida de adhesiones al Manifiesto por el Derecho a Comunicar. El listado de firmas de adhesión podrá ser presentado ante las instituciones públicas con competencias en la regulación de los servicios de telecomunicación audiovisual, para los fines de reivindicación y defensa de los derechos de los servicios de comunicación comunitarios sin ánimo de lucro en el territorio español.

Con la firma del presente formulario usted autorizara al Colectivo de Universitarios Activos (Cuac) a mantenerlo informado del desarrollo de la campaña #CuacResiste a través de los medios de contacto que nos proporciona. Dicha autorización podrá ser revocada en cualquier momento enviando un correo a cuacresiste@cuacfm.org

En caso de desear retirar su firma del mencionado manifiesto, envíe un correo electrónico a la dirección cuacresiste@cuacfm.org indicándolo expresamente.

CUAC FM DECLARATION ON THE RIGHT TO COMMUNICATE

With this declaration we aim to defend the exercise of the freedom of speech through any means, specially the community media.

Community radios are non-profit, plural and independent spaces for free communication that serve their community while fulfilling a social purpose. They are democratizing spaces that encourage the social cohesion and the media literacy among the citizenship. Community media are a legal right for citizens that is expressly recognized by law (General Audiovisual Communication Act 7/2010) but not by the government.

Cuac FM has been waiting 21 years for a broadcasting license to be granted. After 7 years the government keeps refusing to regulate the existing community communication services. On the contrary, public administration has initiated a sanction proceeding, threatening the radio station with a fine of up to 200.000€. Cuac FM has had to stop broadcasting via the 103.4 FM dial, and tomorrow the same could happen to any of the more than 300 free radio stations nationwide.

In this declaration we CLAIM our right to freedom of speech and communication, and we DEMAND:

(1) that the sanctioning files currently opened against Cuac FM and other free and community media of the country are closed immediately.

(2) The grant of a temporary authorisation so that Cuac FM can keep providing a Community Broadcasting service, as set out in the 7/2010 Act.

(3) The drafting of a Communication Act where third sector entities are granted an equal treatment and part of the radio broadcasting space is reserved for community media, which also guarantees the sustainability of these media as proof of plurality of information, of the right of the citizenship to access the media, cultural diversity and media democratization.

Legal details

The personal data provided in this form will be incorporated into a file owned by the Colectivo de Universitarios Activos (CUAC) whose purpose will be, exclusively, the management of the campaign entitled #CuacResiste and the collection of adhesion to the Statement on the Right to Communicate. The list of signatures may be presented to the public institutions with competence in the regulation of audiovisual telecommunication services, for the purpose of claiming and defending the rights of the non-profit community media services on the Spanish territory.
By signing this form, you authorize CUAC to keep you informed of the development of the campaign #CuacResiste through the means of contact you have provided. This authorization could be revoked at any time by sending
an email to cuacresiste@cuacfm.org
If you wish to withdraw your signature from the aforementioned declaration, send an email to cuacresiste@cuacfm.org expresing it specifically.

CUAC FM polo dereito a comunicar

Ler o manifesto
  

Cuac FM é a Radio Comunitaria da Coruña, unha emisora privada, sen ánimo de lucro, que ten un fin social: garantir o exercicio do dereito de acceso á comunicación e a liberdade de expresión da cidadanía. Cuac FM comezou as súas emisións o o 27 de marzo de 1996 e sempre estivo aberta á participación da cidadanía, tanto persoas físicas e xurídicas, que dun xeito voluntario e altruísta, desenvolven unha actividade continuada, as 24 horas do día, os 365 días do ano.

Ao longo destes 21 anos, pasaron polos seus micrófonos 455 programas, e máis de 1.200 persoas facendo comunicación radiofónica de xeito regular. Cuac é unha radio local, que da voz á cidadanía, persoas e colectivos normalmente infrarrepresentados nos medios de comunicación xeneralistas. Participan actualmente de Cuac entidades sociais coma CASCO (Comité ciudadano AntiSida de Coruña), Amnistía Internacional, ADEGA, Colexio Calasanz (PP. Escolapios), Fundación Albergue Padre Rubinos, Asociación Cultural Alexandre Bóveda, UTACA- Asociación de Ex-alcohólicos de A Coruña, Asociación Radio Prometea, ASPACE, Proxecto Cárcere, Iniciativa ACAMPA, ou a Universidade Sénior (UDC)… entre outras, pero moitas, e moitísimas outras acoden aos seus programas para compartir as súas experiencias e saberes, aportando unha visión plural da realidade.

Cuac Fm emite a través do 103.4 da FM dende o primeiro día, sen ter nunca interferido ou perxudicado a emisión de ningunha outra estación de radio en Galicia. A súa cobertura por ondas abrangue boa parte da área metropolitana da Coruña, e por Internet pódese escoitar en todo o mundo, sendo a primeira emisora local da cidade que emitiu pola rede tanto en podcasting coma en streaming, a primeira en desenvolver aplicacións móbil propias, sendo a emisora privada da cidade con máis horas de emisión propia en lingua galega.

CUAC é mais que unha radio. É un espazo de alfabetización mediática e formación de novos comunicadores sociais. A través da súa “Escola de Radio e Asociacionismo” Cuac imparte, de maneira gratuíta, talleres de iniciación á radio a case 100 personas anualmente, así como cursos de especialización para mellorar as competencias mediáticas de xóvenes e adultos.

Cuac FM desenvolve tamén unha intensa actividade asociativa, en defensa do dereito a comunicar. Cuac é cofundadora da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) e da Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias (REGARLIC) e é membro da Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC), formando parte do seu Consello de Dirección de AMARC- Europa.

Porén, a pesares da súa longa e recoñecida traxectoria á Cuac Fm foille denegado o seu dereito a unha licencia comunitaria en máis de cinco ocasións, para finalmente, ser obxecto dun expediente sancionador, incoado pola Xunta de Galicia, e que pode implicar unha sanción de ata 200.000€, condenando a esta emisora ao peche total da súa actividade, frustrando as ilusións de mozos, maiores e de colectivos sociais, que estarán condenados “ao máis triste dos desencantos”.

Cuac FM é o último dos intentos de persecución e clausura por parte dunha administración que, en vez de velar pola liberdade de expresión e a pluralidade informativa, prefire calar as voces reivindicativas dos máis febles, que se torna nunha loita de pequenos Davides contra poderosos Goliats que, sen embargo, contan co apoio inquebrantable da cidadanía á que serven. Hoxe é Cuac FM, coma hai un ano fora Radio Kras de Xixón, ou Radio Nava e Radio Vallekas no seu día. Todas estamos ameazadas. De Onda Color de Málaga a Radio Televisió de Cardedeu en Sabadell. De Radio Pimienta en Tenerife a Radio Valdivielso, en Burgos ou Radiópolis en Sevilla.

A ONU, a UNESCO, o Consello de Europa ou o Parlamento Europeo recoñecen o labor dos medios comunitarios: son ferramentas de expresión cultural, que fortalecen a cohesión social, promocionan a diversidade cultural e lingüística, a inclusión social e a identidade local. As radios comunitarias contribúen a mellorar a alfabetización mediática da cidadanía.

Non importan as recomendacións internacionais, porque España segue sen garantir o dereito dos medios comunitarios a ter unha licencia para prestar un servizo comunitario sen ánimo de lucro. Non importa que sexamos viveiros de profesionais. Non importa a nosa pluralidade, a nosa accesibilidade, a nosa total dispoñibilidade ou o noso altruísmo. Segundo os que mandan non merecemos nada.

Quérennos silenciar, porque non nos poden mercar nin manipular. Quérennos calar porque expresamos verdades incómodas, porque aportamos liberdade e frescura nun mundo rexido por regras ríxidas e intereses espúreos. Quérennos pechar porque somos democráticos, e abrimos as nosas portas a todo aquel que queira facer radio. Sen condicións nen contrapartidas.

Non somos un feito aillado. Somos outro chanzo máis das políticas contra a vida que poñen as cousas por diante das persoas, que poñen os cartos por riba da supervivencia, que antepoñen os intereses á xustiza. Son as políticas dos que teñen moito pero o queren todo.

O expediente sancionador da Xunta contra Cuac FM é consecuencia da inoperancia dun goberno que decidiu incumprir a Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Unha lei aprobada hai sete anos pero que non desenvolve. Sen ter ningunha intención de aprobar o regulamento dos servizos de radiodifusión comunitarios, discriminando así a cidadanía. Mentres se favorece aos grandes grupos mediáticos, os medios de proximidade quedan desterrados do espectro radioeléctrico. Vivimos nun sistema onde a cidadanía non ten voz e está condeada a sobrevivir en condicións de precariedade e inseguridade xurídica.

Polo arriba exposto, as persoas e colectivos asinantes deste manifesto instamos e esiximos aos Poderes Públicos e dos nosos representantes, a nivel local, autonómico e estatal o cumprimento das seguintes demandas:

* A defensa efectiva do dereito de liberdade de expresión é comunicación da cidadanía, que debe prevalecer por riba de intereses privados e cuestións administrativas. O exercizo dun dereito fundamental non pode estar condicionado á espera dun regulamento que, sen xustificación algunha, leva sete anos de atraso.
* En consecuencia do anterior: o inmediato arquivo do expediente sancionador incoado pola Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia contra Cuac FM e a concesión da autorización pertinente para que Cuac FM poda prestar un servizo de Comunicación Comunitaria.
* O inmediato arquivo das actividades coactivas en curso contra medios libres e comunitarios en todo o territorio do Estado, en virtude dos Dereitos recollidos polo artigo 21.1.a) e d) e 9.2 da Constitución Española.
* O recoñecemento destes medios de xeito real e efectivo, reservando o espazo radioeléctrico necesario, e desenvolvendo as medidas de impulso que sexan precisas para garantir o seu funcionamento de acordo cas recomendacións do Parlamento Europeo e outros organismos internacionais.
* A concesión de licenzas a aqueles servizos audiovisuais de comunicación comunitaria que estivesen en activo antes do 1 de Xaneiro de 2009, en consonancia ca proposición non de lei aprobada polo Congreso dos Deputados en data 21/06/2017, ao abeiro da disposición transitoria 14 da Ley General 7/2010 de Comunicación Audiovisual.
* A posta a disposición de espacio radioléctrico e licenzas para aqueles servizos audiovisuais de comunicación comunitaria que operen dende data posterior ao 1 de Xaneiro de 2009, ou que pretendan facelo no futuro, seguindo as recomendacións na materia dos Relatores Especiais para a Liberdade de Expresión da ONU e da OSCE, que recomendan o reparto equitativo do espectro radioeléctrico entre medios públicos, privados comerciais e comunitarios.
* A eliminación dos límites arbitrarios existentes na lexislación actual para o desempeños dos servizos de comunicación audiovisual comunitaria e sen ánimo de lucro. Pola contra, todas as ferramentas de participación democrática e alfabetización mediática deben ser promovidas e protexidas polas administracións públicas.
* A redacción dunha Lei de Comunicación que trate en condicións de igualdade ao terceiro sector da comunicación, e garanta a sustentabilidade dos medios de comunicación comunitarios, como garantía da pluralidade informativa e a diversidade cultural.

Porque non é posible a democracia sen medios de comunicacións plurais e diversos, porque a legalidade perde o seu valor se non é xusta, porque a vida non é posible sen diversidade. Porque a liberdade, aquí e agora, tamén se chama Cuac FM…coma dixo María Pita: quen teña honra, que nos siga.

[your signature]

2,065 firmas

Comparte o manifesto cos teus amigos: