cuac


CUAC FM ven de publicar na súa web a Memoria anual de actividades de 2015 que recolle as principais actividades realizadas polo Colectivo de Universitarios Activos durante o pasado ano. Un ano adicado á xestión da emisora comunitaria da Coruña, á formación radiofónica, á comunicación e divulgación sobre medios comunitarios, investigación e innovación tecnolóxica e un intenso traballo en en rede a nivel galego, estatal e internacional.

A memoria está estruturada nos seguintes apartados:

  1. Xestión da emisora comunitaria CUAC FM.
  2. Producción comunitaria e Radioficción.
  3. Formación radiofónica e de medios comunitarios. Escola de Radio e Asociacionismo.
  4. XVII Concurso de maquetas CUAC FM.
  5. Celebración do 20 aniversario do Colectivo de Universitarios Activos e Gala OSCUACS 2015.
  6. Proxectos de I+D+i : RadioCo; Os Xóvenes e o Terceiro Sector da Comunicación.
  7. Participación de CUAC FM en Congresos e Conferencias Internacionais.
  8. Participación de CUAC FM en xornadas e obradoiros.
  9. Participación de CUAC FM na Rede de Medios Comunitarios (REMC) e traballo xurídico para a obtención dunha licencia para CUAC FM.
  10. Participación de CUAC FM na Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC-Europa).
  11. Encontro 14: publicación das conclusións do Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector.
  12. Colaboración de CUAC con outras entidades.

Descarga o documento no enlace: https://cuacfm.org/wp-content/uploads/2015/05/CUACFM_Memoria_anual_2015-5.pdf (tamaño do arquivo: 2,1 MG)

Máis información sobre as actividades de CUAC na web: https://cuacfm.org/zona-socios/memoria-anual-cuac/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.