MEMORIA ANUAL CUAC FM

MEMORIA ANUAL CUAC FM 2016

A Asociación Colectivo de Universitarios Activos -CUAC- é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa fundamentalmente no eido cultural e da comunicación social, sendo propietaria da emisora comunitaria CUAC FM.

CUAC desenvolve, dende o ano 1996, unha actividade de emisión radiofónica continuada, os 365 días do ano, a través do dial 103.4 da FM e da web www.cuacfm.org.

Podes descargar o documento relativo á  Memoria_anual_2016 que recolle as principais actividades realizadas polo Colectivo de Universitarios Activos durante o ano 2016.

A memoria está estruturada nos seguintes apartados:

1. XESTIÓN DA EMISORA COMUNITARIA CUAC FM.
2. PRODUCIÓN COMUNITARIA
3. FORMACIÓN RADIOFÓNICA E DE MEDIOS COMUNITARIOS.
4. CELEBRACIÓN DO XX ANIVERSARIO DE CUAC FM
5. XVIII CONCURSO DE BANDAS E SOLISTAS CUAC FM (2016).
6. PARTICIPACIÓN EN CONGRESOS, XORNADAS E OBRADOIROS
7. PARTICIPACIÓN DE CUAC FM NAS REDES DE MEDIOS COMUNITARIOS E TRABALLO XURÍDICO PARA A OBTENCIÓN DUNHA LICENCIA.
8. INICIATIVAS PROMOCIONAIS NO ESPAZO PÚBLICO
9.  COLABORACIÓNS CON OUTRAS ENTIDADES.

ANEXO 1. TEXTO DA MOCIÓN DE APOIO DO PLENO MUNICIPAL DE A CORUÑA Á EMISORA COMUNITARIA CUAC FM
ANEXO 2. Programa da Xornada “COMUNICACIÓN PARA A DINAMIZACIÓN CULTURAL, A INCLUSIÓN SOCIAL E O DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO”
ANEXO 3. Programa do Obradoiro “ MOCIDADE, RADIO E SOFTWARE LIBRE: CONSTRUÍNDO REDES PARA UNHA COMUNICACIÓN ALTERNATIVA”
ANEXO 4. Estadísticas descargas podcasts agregadas por programa en 2016
ANEXO 5. Estadísticas descargas programas máis escoitados en 2016

MEMORIA ANUAL CUAC FM 2015

A Asociación Colectivo de Universitarios Activos -CUAC- é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa fundamentalmente no eido cultural e da comunicación social, sendo propietaria da emisora comunitaria CUAC FM.

CUAC desenvolve, dende o ano 1996, unha actividade de emisión radiofónica continuada, os 365 días do ano, a través do dial 103.4 da FM e da web www.cuacfm.org.

En 20 anos de emisión, superouse o número de 440 programas emitidos, sendo máis de 1.000 as persoas que fixeron radio e innumerables os convidados aos diversos programas. E todo isto de xeito diario, de luns a domingo, durante 12 meses ao ano.

Podes descargar o documento relativo á Memoria_anual_CUACFM 2015 que recolle as principais actividades realizadas polo Colectivo de Universitarios Activos durante o ano 2015. A memoria está estruturada nos seguintes apartados:

  1. Xestión da emisora comunitaria CUAC FM.
  2. Producción comunitaria e Radioficción.
  3. Formación radiofónica e de medios comunitarios. Escola de Radio e Asociacionismo.
  4. XVII Concurso de maquetas CUAC FM.
  5. Celebración do 20 aniversario do Colectivo de Universitarios Activos e Gala OSCUACS 2015.
  6. Proxectos de I+D+i : RadioCo; Os Xóvenes e o Terceiro Sector da Comunicación.
  7. Participación de CUAC FM en Congresos e Conferencias Internacionais.
  8. Participación de CUAC FM en xornadas e obradoiros.
  9. Participación de CUAC FM na Rede de Medios Comunitarios (REMC) e traballo xurídico para a obtención dunha licencia para CUAC FM.
  10. Participación de CUAC FM na Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC-Europa).
  11. Encontro 14: publicación das conclusións do Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector.
  12. Colaboración de CUAC con outras entidades.

MEMORIA ANUAL CUAC FM 2013-2014.

Xa podes consultar e descargar a Memoria anual 2013-2014 de CUAC FM que recolle as principais actividades do Colectivo de Universitarios Acticvos- CUAC- durante o “ano radiofónico” 2013-2014. A memoria está estruturada nos seguintes apartados:

  1. Xestión e mantemento da emisora comunitaria CUAC FM
  2. Programación comunitaria
  3. Organización do Encontro 14 “Encontro Europeo de Medios do Terceiro Sector”
  4. Formación radiofónica e de medios comunitarios
  5. Celebración do 18 aniversario de CUAC FM
  6. Concurso de maquetas CUAC FM
  7. Radio teatro e drobraxe
  8. Participación en xornadas e obradoiros
  9. Elaboración e aprobación do Plan Estratéxico 2014-2018
  10. Traballo xurídico para a obtención dunha licencia para CUAC FM
  11. Participación de CUAC na Rede de Medios Comunitarios (REMC)
  12. Participación de CUAC no Grupo de Traballo de AMARC-Europa sobre linguas minoritarias en Medios Comunitarios
  13. Colaboración con outras entidades