FAQ
Se non localizas aquí o que buscas, escribe un correo a comunicacion@cuacfm.org ou chama ao 981 14 00 45 (de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 17 a 20 horas).
COMO CONTACTAR CON CUAC
Cales son os correos das coordinadoras de CUAC?
- Comunicación e Diversión: comunicacion@cuacfm.org.
- Acreditacións (depende de Comunicación): acreditaciones@cuacfm.org.
- Contidos: contidos@cuacfm.org.
- Tecnoloxía, informática e loxística (TIL): tecnologia@cuacfm.org.
- Organización, administración e estratexia (ODA): oda@cuacfm.org.
- Finanzas (dependente de ODA): promocion@cuacfm.org.
- Formación: formacion@cuacfm.org.
- Temas sobre a páxina web exclusivamente: webmaster@cuacfm.org.
Se non sabes a que coordinadora debes dirixirte, faino á de Comunicación.
COTAS DE SOCIO/A E PROGRAMA
Como e onde pago as miñas cotas de socio/a ou de programa?
- Recorda sempre poñer no concepto do ingreso o que estás a depositar. Se esqueces facelo ou ves que non quedou claro, envía inmediatamente un correo a promocion@cuacfm.org.Exemplo: Alegría, mes de xuño. Exemplo 2: Parrulo Lucas. Cota socio parado.
- O ingreso podes facelo na conta de PayPal de CUAC: promocioncuacfm@gmail.com. Ou por ingreso na conta bancaria de ABANCA.Titular: Colectivo de Universitarios Activos. ES74 2080 1003 2530 4000 3897
Cal é o importe da cota individual de socio/a? Como fago para darme de alta como socio/a?
- Se estás a traballar é de 2€ ao mes. Abónase en 1 ou 2 prazos cada ano. O primeiro prazo é ata o 31 de marzo. O segundo, do 1 de xullo ao 30 de setembro. Neste caso serían 2 pagamentos de 12€, e debes indicar no ingreso o teu nome e “50% Cota Individual”.Se entras na asociación co ano empezado, debes multiplicar o número de meses que queda ata rematar o ano por 2 para obter o importe a pagar. O primeiro mes no que debes pagar é no que comezas a formación.Exemplo: Se empezo a formación en maio, 8 meses X 2 =16€
- Se es estudante, estás no paro ou xa xubilado/a, a cota é de 1€ ao mes.
- O resto é igual que no caso a).
Podes darte de alta dende aquí. Unha vez feito isto e pagada a cota, xa es de CUAC con pleno dereito.
Veu unha nova persoa ao meu programa a facer unha pequena sección. Ten que ser socio/a?
Estipulouse que alguén que asiste a máis da metade dos programas dun trimestre debe asociarse a CUAC.
Escribe a comunicacion@cuacfm.org especificando o seu nome, teléfono e correo. Encargarémonos de todos os trámites para que se incopore e se forme.
Se non emito durante un tempo, debo seguir pagando a miña cota individual?
Si. Considérase que es socio/a da asociación durante todo o ano natural. Se non pagas unha parte do ano, perdes a túa antigüidade á hora de elixir horario cando queiras volver.
Desexo darme de baixa da asociación. Como fago?
- Envía un correo a comunicacion@cuacfm.org con copia a promocion@cuacfm.org.
- Especifica o teu nome e o mail que queres que deamos de baixa na lista de correo (aínda que se desexas seguir nela, non hai problema).
- Se desexas que che devolvamos os meses aboados por adiantado da túa cota individual e nos que xa non es socio/a, indícanos o teu número de conta.
MECENADOS
Creo que podo conseguir un ou dous mecenas para o meu programa pero pídenme documentos. A quen me dirixo?
Tes información extensa sobre mecenas de programas aquí.
Se non é suficiente, escribe a promocion@cuacfm.org.
O meu mecenas pídeme unha factura. A quen lla pido?
EMISIÓN
Teño unha dúbida da parte técnica. Quen me axuda?
Se é algo que aprendiches na formación, visita os videotutoriais Cuac FM aquí. Aí explicamos por partes como funciona todo. Se segues sen resolver la duda, escribe a formacion@cuacfm.org.
Para outras dúbidas ou problemas técnicos: tecnologia@cuacfm.org.
Gustaríame cambiar a miña hora de programa ou mellorala en canto sexa posible
Gustaríame cambiar a miña hora de programa ou mellorala en canto sexa posible.
Que pasa se un día non vou facer o meu programa? A quen debo avisar? Ese día págoo igual?
Debes escribir o antes posible a contidos@cuacfm.org, ademais de avisar por teléfono ou outro sistema (sempre que asegures que o recibiron) ao programa anterior e posterior ao teu.
Lembra que se faltas prexudicas á emisora, á audiencia e aos teus compañeiros. Deixas baleira a hora que non emites e tamén a redifusión do teu programa. Para evitalo, é moi importante que tentes ter un programa gravado para estas ocasións. Para iso debedes formarvos no uso do Estudio de Gravación Alexandre Bóveda (formacion@cuacfm.org).
O Regulamento de Réxime Interno estipula que as ausencias inxustificadas sanciónanse con falta leve. As faltas continuadas poden carrexar suspensión se non existe xustificación abondo.
E si, esa hora págase igual. A emisora tíñaa reservada para ti.
Os días festivos emítese?
Neste caso podes escoller facelo ou non. Se non tes chave e vas ter que abrir ou pechar (pregunta aos programas antes e despois do teu se van emitir ou non) avisa con tempo a tecnologia@cuacfm.org para que chas pasen.
Quero propoñer un programa monográfico especial fóra do meu horario.
Debe solicitarse polo menos cun mes de antelación a contidos@cuacfm.org.
Se pensas que o monográfico pode ser comunitario (cun contido de interese social, e aberto a todas as persoas de CUAC que queiran participar), coméntao para que Contidos valore se o é. Os programas comunitarios realízanse sen ningún tipo de custo económico para quen colabore.
INFRAESTRUCTURA E PRERSTACIÓNS
Se necesito chaves da emisora, a quen me dirixo?
Necesito unha gravadora para algo do meu programa. A quen escribo?
Lembra sempre cubrir a folla de control de retirada e devolución desta. E comprobar a carga das pilas. Devólvea o antes posible por se a precisa outra persoa.
Como se reserva o estudio de gravación?
- A mesa do estudio require unha formación específica. Escribe a formacion@cuacfm.org para solicitala.
- Unha vez recibida a formación, consulta o calendario de reservas aquí e elixe unha hora libre. Despois escribe a tecnologia@cuacfm.org especificando o nome do programa e a hora e duración da gravación.
- Se utilizas moito o estudio, podes solicitar a Tecnoloxía o acceso directo ao calendario de reservas.
Necesito unha acreditación para asistir a un evento: concerto, obra de teatro, rolda de prensa…
Escribe a acreditaciones@cuacfm.org (depende de Comunicación; se non te responden escribe a comunicacion@cuacfm.org).
Quero facer un podcast do meu programa e que estea na canle de CUAC de Ivoox. Como fago?
RadioCo, unha nova aplicación tecnolóxica de CUAC, vai facilitar moito esta tarefa. Mais mentres non estea operativa, visita este videotutorial.
Para que se pode utilizar o local da rúa Olmos?
Vaise realizar un regulamento de utilización deste, xa que é un local compartido coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda, á que accedemos para chegar ao noso despacho. Debemos ser moi cautos co uso das chaves e as actividades que alí se realizan.
A idea é que se poidan realizar entrevistas (haberá unha gravadora permanentemente) ademais de actividades da asociación, non de programas concretos.
Tamén se usará para formacións dos Módulos 1 e 2, ademais de Audacity e temas tecnolóxicos, xa que haberá unha TV na que poder ver o contido do ordenador.
VIDA ASOCIATIVA
A que coordinadora lle podo propoñer unha actividade fóra da emisora?
- Se é unha actividade de ocio, cultura ou diversión: comunicacion@cuacfm.org.
- Se é unha actividade académica ou cunha institución: oda@cuacfm.org.
Quero colaborar con CUAC no meu tempo libre pero non sei en que coordinadora.
Escribe a comunicacion@cuacfm.org indicando o teu teléfono e a hora á que che vai ben que chamemos para informarche.
Necesito resolver en persoa algunhas dúbidas da asociación. Quen me pode atender?
O télefono de atención é 981 14 00 45. E 10D10 terá un día á semana atención pola mañá no local do centro (r/Olmos 16-18, 1º) os martes de 11 a 13:30 (é mellor chamar antes para confirmar). Se hai máis opcións irémolas incorporando aquí.
Temos problemas de convivencia con persoas doutro programa, ou un problema cunha coordinadora. A quen escribo?
É un tema grave do que debemos ter coñecemento. Escribe a oda@cuacfm.org para organizar o antes posible unha reunión e falalo en persoa, que é o mellor xeito de solucionar as cousas.
Se o problema é con ODA, escribe a comunicacion@cuacfm.org.
Desexo presentar unha candidatura ás eleccións de CUAC. A quen me dirixo e como fago?
Ocorréuseme unha idea xenial para a asociación pero non sei a quen enviala.
- Se é para unha acción promocional: comunicacion@cuacfm.org.
- Se é algo que nos poida xerar ingresos: oda@cuacfm.org.
- Se é algo relacionado coas instalacións ou equipo: tecnologia@cuacfm.org.
- Se é unha cuña que poderiamos gravar: contidos@cuacfm.org.
- Se cres que podemos mellorar a formación: formacion@cuacfm.org.