CUAC FM IMPARTE UN CURSO DE RADIO NO CÁRCERE DE MONTERROSO

Cuac FM desenvolveu neste mes de xullo un obradoiro de radio no penal de Monterroso, dentro do programa de animación socicultural “xerando oportunidades de participación en prisión”. O obxectivo deste obradoiro de radio é axudar a desenvolver competencias mediáticas ás 15 persoas presas participantes e que serán as responsables despois de dar continuidade ao proxecto

Regresan múltiples programas de CUAC FM coa chegada de setembro

Coa chegada do mes de setembro a emisora comunitaria da Coruña CUAC FM comeza a retomar a sua actividade. Múltiples programas regresan durante este mes as suas emisións coas temáticas máis diversas, algo que caracteriza á emisora. Nesta ligazón podes consultar os programas que emiten cada día en directo. A radio coruñesa pódese escoitar en streaming ou

CUAC FM achega este venres o seu “Radio Barrio” a Os Castros cun obradoiro de radio e cultura. Participa!

Obradoiro de radio e cultura o vernes 20 ás 18:00 no Centro Cívico de San Diego dinamizado por CUAC FM CUAC FM busca a xente creativa, amante das artes escénicas, das letras, da música e do teatro,  de calquera expresión artística ou cultural para participar nun “experimento sonoro” de barrio.  Se te moves polos Castros,

Queres emitir en CUAC FM? A nosa Escola de Radio retoma a sua actividade

  CUAC FM ofrece a posibilidade de formarse para poder emitir na Radio Comunitaria da Coruña. Comeza o 22º curso radiofónico de CUAC FM e calquera persoa que o desexe pode sumarse a nosa programación. Para iso é imprescindible asistir a tres módulos formativos que impartimos dende a nosa Escola de Radio. O curso non

A Fume de Carozo cumpre 200 programas en antena e celébrao cun vídeo documental

O programa “A FUME DE CAROZO” de CUAC FM celebrou recentemente os seus 200 programas en antena, e fíxoo dun xeito moi especial: cun fantástico vídeo homenaxe que compartimos con todos vós. “A Fume de Carozo” é un obradoiro de radio que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz de A Coruña

Inauguración da I Escola de Verán de CUAC FM, mañá vernes 15 ás 17:00 horas

CUAC FM INAUGURA MAÑÁ VERNES 15, A SÚA I ESCOLA DE VERÁN COAS XORNADAS SOBRE COMUNICACIÓN, CULTURA, DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO E INCLUSIÓN SOCIAL A Escola reunirá na Aula Náutica da Universidade da Coruña (Dique de Abrigo) os días 15, 16 e 17 a preto de 50 comunicadores, activistas sociais e investigadores chegados de España, Francia e

Programa das xornadas de CUAC FM “Comunicación para a dinamización cultural, a inclusión social e o desenvolvemento comunitario”

“Xornadas de comunicación para a dinamización cultural, a inclusión social e o desenvolvemento comunitario” 15-16 xullo, 2016   Venres 15 de xullo. 17:00. Panel. COMUNICACIÓN, LINGUA E CULTURA PROPIAS: OS ROL DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PARA A PROMOCIÓN DO GALEGO. Presenta: Isabel Lema.  CARLOS CALLÓN. Mesa pola normalización lingüística. Políticas e estratexias para a normalización

Aberto o prazo de inscripción para a Escola de Verán de CUAC FM

CUAC abre o prazo de inscripción para a Escola de Verán de CUAC FM na que están incluidas tres actividades diferentes:  XORNADA “Comunicación para a dinamización cultural, a inclusión social e o desenvolvemento comunitario” (15-16 xullo, 2016) OBRADOIRO “Obradoiro  de xornalismo e radioficción: cómo facer o teu proxecto radiofónico realidade” (16 de xullo, 2016) CANDO? Días: 15-17 de xullo

Queres participar en CUAC FM? Comeza novo ciclo formativo o 21 de maio.

  Participar en CUAC FM e incluso realizar o teu (ou voso) programa de radio semanal ou quincenal é realmente sinxelo nas radios comunitarias. CUAC FM ofrece un plan de formación de 3 xornadas teóricas e unha práctica que da a posibilidade, unha vez rematado, de involucrarse na nosa asociación de diversos xeitos. Se queres

Curso de formación continua de CUAC FM: Uso do estudo de gravación Alexandre Bóveda

CUAC FM convoca un novo curso de formación continua sobre “Uso do estudo de gravación Alexandre Bóveda”. Data e hora de celebración: Luns 11 de abril de 19:30 a 21:00. Se queres inscribirte, envía un correo a formacion@cuacfm.org ata o sábado 9 de abril (incluído). PROGRAMA: Título: Uso do estudo de gravación Alexandre Bóveda. Docente: Álex Cortiñas,

Comeza un novo curso de iniciación á radio en CUAC FM. Apúntaste?

Este sábado 9 de abril, ás 11:30 da mañá comenza un novo curso de formación de iniciación á radio impartido polo equipo de formadores de CUAC FM. Se queres facer un programa de radio en CUAC FM, a nosa emisora dache a oportunidade de comezar con nós o ciclo de iniciación á comunicación radiofónica. Aínda

Aberta a inscrición para o curso de emisión radiofónica en exteriores de CUAC FM

A escola de radio e asociacionismo de CUAC FM impartirá o vindeiro mércores 6 de Abril as 19:00 un obradoiro de “Emisión radiofónica por streaming en exteriores“. Neste curso, explicarase de forma práctica como facer un programa dende calquera sitio onde teñas un enchufe e unha conexión a Internet empregando o equipo de Exteriores de

Comeza un novo curso de iniciación á radio en CUAC FM

CUAC FM realiza tódolos meses o seu curso de iniciación á comunicación radiofónica dirixido aos novos socios e socias dentro do programa de actividades da escola de radio e asociacionismo de CUAC FM. Hoxe, 5 de Marzo, comezou un novo curso de formación co módulo de Asociacionismo e medios comunitarios impartido por Isa Lema. A

Xa está dispoñible o vídeo da inauguración da Escola de Radio e Asociacionismo

O compañeiro e artista Tono Galán (Manchea), presentador dos programas “Ondas do Cárcere” e “Reversión”, fixo este estupendo vídeo recordatorio dun dos momentos más significativos para CUAC FM de 2015. Trátase da inauguración do noso novo proxecto: a “Escola de Radio e Asociacionismo” que está situada a carón das instalacións da emisora, no campus da

CUAC FM inaugurará hoxe a sua Escola de Radio e Asociacionismo

O Colectivo de Universitarios ACtivos, asociación propietaria da radio comunitaria CUAC FM, inaugurará hoxe ás 18:00 horas o seu novo proxecto: a “Escola de Radio e Asociacionismo” que estará situada a carón das instalacións da emisora, no campus da Zapateira. O 10 de decembro, Día Universal dos Dereitos Humanos, foi a data escollida para inaugurar

CUAC FM imparte un taller de radio no centro Ágora

O pasado venres, CUAC FM impartiu unha nova edición do “taller de radio” para mozos e mozas, que organiza en colaboración co Centro Ágora do Concello da Coruña. Ao longo de tres horas, os participantes puideron coñecer dunha maneira práctica e amena como se produce un programa de radio en CUAC FM, enfrontáronse por primeira

Xa podes inscribirte no obradoiro de iniciación á radio do 18 de setembro (Centro Ágora)

  Gústache escoitar a radio? Gustaríache aprender a realizar un programa nunha radio comunitaria?  O venres 18 de setembro tes a oportunidade de ter o teu primeiro contacto co mundo da radio da man de CUAC FM. Se estás interesado, achégate ao Centro Ágora. (Rúa Ágora. 15010 A Coruña)   e inscríbete a partires do 7

CUAC organizou un obradoiro de radio no centro Ágora

A Escola de Radio de CUAC FM desenvolveu o pasado venres 12 de xuño un obradoiro de radio, co apoio do concello da Coruña (Centro Ágora). O obradoiro, no que participaron 10 mozos e mozas menores de 35 anos, abordou os aspectos baśicos da produción e locución radiofónica, a comunicación comunicación e o traballo dos

Obradoiro de iniciación á radio con CUAC FM

CUAC FM, A Radio Comunitaria da Coruña, oferta o vindeiro 12 de xuño, un “obradoiro de iniciación á comunicación radiofónica”, en colaboración co Concello da Coruña e o Centro Ágora. Asímesmo, CUAC oferta un segundo obradoiro no mes de setembro, o día 18/09/2015. Para poder participar debes cumprimentar o “formulario de inscripción” e dirixirte ao CENTRO