CUAC FM convoca a XXVII edición do seu Concurso de Bandas e Solistas con 5000 euros en premios
Acrobacias sobre un Queso Rancio, novo programa en CUAC FM
Noticias de A Coruña comeza en CUAC destacando a ruta cancelada no aeroporto da Coruña e as inversións no CHUAC
CUAC FM emitirá diariamente o primeiro informativo xerado por intelixencia artificial e redeseña a súa web

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña
Leva a radio comunitaria da Coruña sempre contigo! Emitimos no 103.4 FM e en streaming as 24 horas do día para que poidas escoitarnos en directo esteas onde esteas.
En CUAC FM damos voz a quen non a ten, ofrecendo un espazo libre, participativo e sen ánimo de lucro onde calquera persoa ou colectivo pode facer radio. Descubre programas únicos, cultura, música e moito máis á túa disposición en calquera momento.
Coñece a nosa labor e quen somos
Dende 1996, En CUAC FM damos voz a quen non a ten, ofrecendo un espazo libre, participativo e sen ánimo de lucro onde calquera persoa ou colectivo pode facer radio.
Descubre programas únicos, cultura, música e moito máis á túa disposición en calquera momento.


Fórmate na Escola de Radio de CUAC FM
Queres facer radio pero non sabes por onde comezar? Na Escola de Radio de CUAC FM formámoste para que aprendas todo o necesario: locución, produción e control técnico. Os nosos cursos están abertos a toda a cidadanía, sen importar a experiencia previa.
Desde o campus na Zapateira, organizamos formacións regulares para futuros comunicadores e colectivos sociais que queiran usar a radio como ferramenta de expresión. Únete e descubre o poder da comunicación comunitaria!
Asóciate e emite o teu programa de radio
Queres ter o teu espazo nas ondas? En CUAC FM abrimos as portas á participación cidadá para que poidas crear e emitir o teu propio programa. Forma parte da nosa comunidade e vive a experiencia da radio comunitaria!
Ser parte de CUAC FM é sinxelo e hai varias formas de colaborar: podes ser socio/a e producir o teu propio programa, apoiar a emisora como simpatizante cunha pequena cota anual ou converterte en mecenas dun proxecto radiofónico. Aquí todos temos voz, e ti tamén podes sumar a túa.
Cuac traballa na rede
En CUAC FM apostamos pola colaboración para fortalecer a radio comunitaria. Formamos parte de redes que promoven a comunicación libre e cidadá, garantindo a diversidade de voces e o acceso aos medios. A través delas, compartimos coñecementos e impulsamos proxectos conxuntos.

A Asociación Mundial de Radios Comunitarias é a referencia global das radios cidadás e populares. Promove a liberdade de expresión e a democratización da comunicación a nivel internacional.

A Rede de Medios Comunitarios agrupa e defende proxectos de comunicación cidadá en España. Coordina iniciativas sen ánimo de lucro dentro do Terceiro Sector da Comunicación.
¿Onde atoparnos?
A nosa emisora atópase no campus da Zapateira da Universidade da Coruña, un espazo aberto á participación cidadá e á comunicación libre. Se queres coñecer as nosas instalacións, colaborar ou simplemente descubrir como facemos radio comunitaria, achégate! Consulta o mapa e ven vernos.
Colabora como mecenas – Apoia un programa ou a emisora en xeral
CUAC FM é unha radio comunitaria, independente e sen ánimo de lucro. O teu apoio axúdanos a manter a nosa emisión, formar novas voces e seguir sendo un espazo aberto á cidadanía.
Últimas novas de Cuac FM
Mantente ao día con CUAC FM! Descubre as últimas novidades, proxectos e historias da nosa radio comunitaria.
Visitar o blog