ESCOLA DE RADIO
QUERES FACER UN PROGRAMA DE RADIO EN CUAC FM? FORMÁMOSTE PARA ELO!
O plan de iniciación á comunicación radiofónica é o noso programa formativo dirixido aos novos socios e socias de CUAC. Poden participar persoas sen coñecementos previos de comunicación radiofónica.
A formación realízase con carácter mensual e conta cunha duración de 10 horas (7 teóricas + 3 prácticas). Os contidos do programa formativo son:
- Módulo 1: Asociacionismo e Medios Comunitarios (2 horas).
- Módulo 2: Xornalismo e produción radiofónica (3 horas).
- Módulo 3: Locución radiofónica e control técnico. (2 horas).
- Módulo 4: Módulo práctico: produción do programa comunitario “Ar de Coruña” (3 horas).
Se queres formar parte de CUAC FM e acceder ao nosos plans de formación envía un correo a comunicacion@cuacfm.org
ESCOLA DE RADIO E ASOCIACIONISMO
En 2013 comezou a andar un proxecto moi ambicioso que se chama “Escola de Radio e asociacionismo”, e que nace cos obxectivos de:
1) Favorecer o acceso e a participación activa da cidadanía aos medios de comunicación social co fin de promocionar e difundir a cultura galega a través das radios comunitarias;
2) Adquirir coñecementos básicos sobre radiodifusión: locución, realización e produción radiofónicas, e mellorar a formación en comunicación social e xornalismo dos socios/as de CUAC e da cidadanía interesada en desenvolver un proxecto radiofónico;
3) Favorecer o coñecemento e dominio das técnicas de dinamización sociocultural.
As novas instalacións da Escola de Radio e Asociacionismo foron inauguradas o pasado decembro de 2015 polo Alcalde de A Coruña, D. Xulio Ferreiro e Dna María Xosé Martínez, Vicerreitora de Estudantes da Universidade da Coruña (entidade propietaria das instalacións), .
están compostas por 3 espazos de reducidas dimensións cedidos pola Universidade da Coruña, en concreto pola xestión da Vicerreitoría de Estudantes. Hai un aula de formación técnica (radiofónica), outra de formación teórica e un pequena biblioteca e espazo para xestión. Cada espazo foi bautizado con nomes que mañá serás desvelados durante a inauguración.
A Escola de Radio e Asociacionismo desenvolve os seguintes actividades:
- Formación de iniciación á radio (formación impartida nas instalacións de CUAC FM con carácter mensual).
- Obradoiro de radioficción no Centro Ágora (concello da Coruña)
CUAC FM imparte anualmente (2013, 2014, 2015) no espazo sociocultural do Ventorrillo (A coruña) “Centro Ágora” da Coruña dous obradoiros de 3 horas de duración. O programa incluíu formación básica en radiofonía (produción, locución e control técnico), comunicación e medios comunitarios.Os talleres foron gratuítos para todos os interesados, nos que participaron 20 mozos e mozas entre 16 a 30 anos. Os obradoiros son impartidos pola equipa docente de CUAC FM.
Máis info: https://cuacfm.org/novas/2015/05/obradoiro-de-iniciacion
- Taller de expresión artística.
Realizado en colaboración coa equipa de psicópedagogos e educadores sociais da Fundación Xoán Soñador da Coruña, dentro do programa socio-educativo “Na rúa“, dirixido a menores en situación de risco ou exclusión social. A colaboración consistiu no dinamización dun taller de radio e gravación no estudo Alexandre Bóveda de CUAC FM dunha radionovela creada, escrita e interpretada por un grupo de mozos participantes do programa.
- Colaboración coa Radio dos Gatos da Confederación ASPACE
Durante o verán e outono de 2015 estableceuse unha colaboración entre CUAC FM e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE). Consistíu en varias visitas dalgúns dos integrantes de CUAC FM ás instalacións desta asociación en Casteliño (Sada), debidas a que fomos coñecedores de que levaban varios anos facendo un programa de radio semanal chamado “La Radio de los Gatos”. A finais de setembro un integrante de CUAC FM foi dar aos usuarios que participan no programa de radio unha breve charla cuns consellos básicos sobre a locución en radio e sobre a produción de programas de radio.