Iago Prada, director do documental “NADA QUE VER” e Isabel Lema Blanco, de CUAC FM, participarán o vindeiro LUNS 4 DE NOVEMBRO, a partir las 17:00 horas nunha actividade organizada pola facultade de CIENCIAS DA COMUNICACIÓN da Universidade da Coruña. As 17:00 horas no SALÓN DE GRAOS da facultade. Campus de Elviña.
Proxección do documental “Nada que Ver” e coloquio sobre a historia e o papel da radio comunitaria na democratización mediática. Luns 4 de novembro na UDC-Fac. de Comunicación.
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasCUAC FM: de emisora analóxica a radio dixital. Conferencia na FIC_UDC, martes 20.10 ás 18:00
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasFernando Souto, membro da coordinadora de Tecnoloxía de CUAC FM, impartirá este martes 29 de outubro ás 18:00 horas, unha conferencia na aula 3.5 da Facultade de Informática da Universidade da Coruña sobre o proceso de transformación dixital da emisora comunitaria da Coruña.
Este sábado 12, Batalla de Bandas CUAC FM (Entrada gratuita): NÉCTAR VS TWIN FOREST
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasA Sala Mardi Gras acolle este sábado ás 22:30 a Batalla de Bandas do XXVI Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM * Actúan as bandas Néctar de Madrid, ainda que con compoñentes coruñeses e Twin Forest de Valencia* * No cambio de banda entregarase o premio Eva Coyote a Mellor Banda local que
ONDA CIENCIA analiza o uso do galego na Intelixencia Artificial
Posted by cuacfm">cuacfm in Novas ProgramasNovo #OndaCiencia: “O uso do galego na IA”, presentado por @sabelabranco, con
@miguel_a_alonso, Sara Guerreiro Santalla e
@jparapar, afondamos no funcionamento dos modelos de IA xenerativa e o seu impacto na educación.
Onda Ciencia afonda na calidade de vida nas urbes nun episodio dedicado á construción e urbanismo sustentable
Posted by cuacfm">cuacfm in Novas ProgramasONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construcción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas.
No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o “discurso de odio” coas profesoras Ana Aba, Ana María González e Montserrat Golías da @Universidade da Coruña
A saúde mental é un estado de benestar que permite ás persoas desenvolveren todas as súas habilidades, aprender e traballar adecuadamente e contribuír á mellora da súa comunidade. A saúde mental é, ademais, un dereito humano fundamental. En ONDA CIENCIA dedicamos o segundo episodio desta tempada á saúde mental, para afondar nos factores que poñen en risco o noso benestar emocional.
Comeza a segunda tempada de ONDA CIENCIA, o proxecto de divulgación científica en formato radiofónico e podcast, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña. ONDA CIENCIA conta tamén coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Ministerio de Ciencia, Innovación
CUAC FM convoca a XXVI edición do seu Concurso de Bandas e solistas a nivel estatal. Nesta convocatoria repártense 5000 euros en premios, mantendo o premio á Mellor Canción en Galego e consolidando o Premio Eva Coyote para a Mellor Banda Coruñesa. Dúas bandas galegas participantes actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia no mes de agosto. Podes participar se tes un
Intelixencia artificial, retos e potencialidades: Novo episodio de ONDA CIENCIA
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas ProgramasHoxe, 1º de agosto de 2023 ás 13 horas emítese o último episodio da 1º tempada de ONDA CIENCIA, o programa de divulgación científica de CUAC FM e a UDC Neste coloquio adicado á IA participan os profesores: Verónica Bolón, Noelia Barreira, Xulio Xosé Ferreiro e Margarita Alonso Ramos Todos os podcasts están dispoñibles no
Novo episodio de ONDA CIENCIA: Profesionalización do deporte, é cousa de homes?
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas ProgramasMañá martes 25 de xullo, ás 13:00 horas, emitirase en CUAC FM o cuarto episodio de ONDA CIENCIA, no que abordaremos a profesionalización do deporte en Galicia, os avances acontecidos nos pasados anos no deporte galego profesional e tamén as eivas e dificultades aínda existentes, especialmente dende a perspectiva de xénero.
Novo episodio de ONDA CIENCIA! Divulgación científica en galego: utopía ou realidade?
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas ProgramasAbordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego con Laura Castro, Casto Rivadulla, Alexandre Peres e Cristina Naya
ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica producido por por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.
Videoxogos: industria, entretemento e valores, novo episodio de ONDACIENCIA
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas ProgramasVideoxogos: industria, entretemento e valores, o novo podcast de ONDACIENCIA que se emitirá máña MARTES 19 DE XUÑO ás 13:00 horas pola FM coruñesa, a nosa Web https://cuacfm.org/directo/ e as nosas APPs móbiles.
CUAC FM emite en directo, por streaming, as actividades de ACAMPA 2023
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial NovasACAMPA CORUÑA 2023 STREAMING DIRECTO : ACAMPA 2023 en CUAC FM Escoita o que acontece en DIRECTO en ACAMPA 2023, na carpa central nos Xardíns de Méndez Núñez, os días: 16, 17 e 18 de Xuño. A través da web https://cuacfm.org/ACAMPA poderás escoitar en en directo todas as presentacións, charlas de debates que se desenvolverán
Escuela de Familias, a radio como ferramenta para promover comunidades interculturais na Coruña
Posted by cuacfm">cuacfm in Novas ProgramasEscuela de Familias, o programa realizado pola ONG ACCEM en CUAC FM alcanzou as cinco tempadas e 50 programas de emisión. Diante dos micrófonos estiveron máis de 75 persoas de 30 nacionalidades e idades diferentes, e calcúlase que polo menos 800 persoas escoitaron e/ou compartiron estas contidos. Escuela de Familia aborda temáticas coma “O duelo
CUAC FM CONVOCA O XXV CONCURSO DE BANDAS E SOLISTAS
Posted by cuacfm">cuacfm in Concurso bandas y solistas NovasPara celebrar a 25 edición do concurso logramos repartir 5. 000 euros en premios, recuperar o premio á Mellor Canción en Galego e mantemos o Premio Eva Coyote para a Mellor Banda Coruñesa.
A liberdade sexual a debate: Exame á Lei do “solo si é si”
Posted by cuacfm">cuacfm in Cobertura Especial Novas Programas“ONDA CIENCIA”, que pretende ser un espazo de divulgación e análise. Neste 1º episodio contamos coas profesoras da UDC Patricia Faraldo, Ana Neira e Teresa Piñeiro para analizar os aspectos máis relevantes da Lei do Solo Si é Si, e desmontar bulos sobre a mesma.
O programa de CUAC FM, RADIOACTIVA, ven de publicar este vídeo na rede social YOUTUBE, co gallo do seu aniversario como proxecto radiofónico na sintonía de CUAC FM. RADIOACTIVA, coordinado por Clara de Vega, é un programa promovido pola Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, e os seus compoñentes forman parte desta institución, especialmente persoas sen fogar,
ONDA CIENCIA é o proxecto de divulgación científica promovido pola Universidade da Coruña e CUAC FM que se emitirá na FM os martes ás 13:00 horas, e tamén en formato podcast Será un de coloquio radiofónico, , sobre temáticas de actualidade, con profesorado e investigadoras/es da UDC O primeiro programa abordará a “Lei do Solo
CUAC FM publica o libro “Alfabetización Mediática y Medios de Comunicación. Experiencias, Aprendizajes y Potencialidades de los Medios Comunitarios”
Posted by cuacfm">cuacfm in Formación NovasO libro “Alfabetización Mediática y Medios de Comunicación. Experiencias, Aprendizajes y Potencialidades de los Medios Comunitarios”, editado pola profesora e investigadora Isabel Lema Blanco, e que recolle unha selección de traballos académicos, propostas educativas procedentes da investigación-acción participativa e experiencias no ámbito da comunicación promovidas por diversas entidades educativas ou do Terceiro Sector
CUAC FM inaugura o novo estudo Rafaela Hervada con Borja Bejerano, Pilar García Negro e Isabel Bravo
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasO acto de inaguración foi retransmitido en directo, e tivo os micrófonos como protagonistas a Borja Bejerano, sobriño de Rafaela Hervada e director xeral de Radio Coruña, e Pilar García Negro, catedrática de literatura da UDC e amiga persoal da finada Xohana Torres, Isabel Bravo locutora de Radio Coruña-Cadena Ser e Paula Alonso, presidenta de CUAC, entre outros membros da emisora.
CUAC FM Celebra o seu 27 aniversario coa inauguración do novo Estudo Rafaela Hervada
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasA inauguración oficial do novo estudo terá lugar este luns 27 de marzo ás 19:30 horas momento no que, ademáis da xunta directiva e dos socios e socias de CUAC, inaugurarán as novas instalacións os familiares de Rafaela Hervada.
“NADA QUE VER” UN DOCUMENTAL SOBRE CUAC FM, dirixido por IAGO PRADA. CUAC FM 103.4, a Radio Comunitaria da Coruña, cumpre este 27 de marzo 27 anos de vida. Co gallo do seu aniversario ven de publicar en Internet, a través desta WEB e da súa canle de youtube, o documental NADA QUE VER, dirixido
CUAC FM publica 7 novos videotutoriais para o manexo dos equipos de son da emisora
Posted by cuacfm">cuacfm in Formación NovasCUAC FM publica unha serie de novos videtutorais sobre o manexo dos equipamentos de son do Estudo José Couso e do Estudo de Exteriores, que están dispoñibles na Web da emisora, así como na canle de Youtube de CUAC FM. Os novos videotutorais divídense en dous bloques: Un primeiro bloque explicativo do funcionamento da mesa
Vídeo resumo do I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática e Medios de Comunicación
Posted by cuacfm">cuacfm in Formación NovasCompartimos o vídeo resumo do o I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios de Comunicación: Experiencias, Potencialidades e Retos para os Medios Libres e Comunitarios,, que recolle imaxes das diferentes actividades e intervencións dos participantes.
Arranca a 2ª xornada do Congreso de Alfabetización Mediática coas conferencias de Sally Galiana (NearFM), María Barba e Patricia Digón (UDC)
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasMáis de 30 ponentes expertos e 100 congresistas reuniránse durante 3 días no Paraninfo da Universidade O Congreso é organizado por CUAC FM, e conta coa subvención do Concello da Coruña e o apoio da UDC Esta tarde, a partir das 17:00 horas arranca a segunda xornada PRESENCIAL do “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática
2ª xornada do Congreso de Alfabetización Mediática e Medios de Comunicación: Comunicacións online
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasEn CUAC FM seguimos coa celebración do I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitario. Xa podes ver na Web do Congreso e na nosa canle de Youtube as comunicacións de: ALEJANDRO BLANCO VALLEJO (Onda Color): “Aprender con onda: contenidos educativos en pandemia y ¿post?pandemia
Arranca o I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios de Comunicación no Paraninfo da UDC
Posted by cuacfm">cuacfm in Novasulio Abalde, Reitor da Universidade da Coruña e Isabel Lema Blanco, coordinadora do congreso, inaugurarán o evento
A Conferencia inaugural será a cargo de José Emilio Pérez Martínez, profesor de Historia Contemporánea na Universidad Complutense de Madrid.
“NADA QUE VER” o documental dos 25 anos de CUAC FM proxectarase no Paraninfo da UDC este xoves 24 de novembro ás 19:00 horas.
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasO Paraninfo da Universidade da Coruña acollerá este xoves 24 de novembro, as 19:00 horas, a segunda proxección do documental NADA QUE VER, producido por CUAC FM, e que recolle os 25 anos de historia da radio comunitaria da Coruña. O documental estreouse en febreiro de 2022 no Teatro Colón, cunha inmellorable acollida por parte
Último día para inscribirse no I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios
Posted by cuacfm">cuacfm in NovasA Asistencia ao congreso é gratuita, previa inscripción na Web: https://cuacfm.org/congreso-2022/ O congreso reunirá a unha centea de comunicadores, investigadores, profesores e activistas do Terceiro Sector O congreso celebrarase no PARANINFO DA UDC, e conta co patrocinio do CONCELLO DA CORUÑA O “I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para