Onda Ciencia é un proxecto de divulgación científica en formato radio e podcast, desenvolvido pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña e CUAC FM,a emisora comunitaria da Coruña.
En cada entrega, propoñemos unha aproximación interdisciplinar a un tema de actualidade, da man de voces expertas da UDC. Cun formato de faladoiro, persoal docente e investigador de diversas áreas do coñecemento debulla cuestións de interese social desde unha perspectiva crítica e sustentada na evidencia científica.
Nas tres tempadas anteriores, Onda Ciencia puxo o foco en debates xurídicos e sociais de gran calado como a protección xurídica da liberdade sexual, a desinformación ou discurso de odio nos medios e nas RRSS, os retos e potencialidades da Intelixencia Artificial, o coidado da saúde mental, o galego no SXXI, a xenofobia e o racismo desde unha perspectiva interseccional, urbanismo sustentable, o impacto do cambio climático na Coruña, ou o uso do galego na IA. Todos eles exemplifican o compromiso deste proxecto coa sociedade, co rigor e coa pluralidade na divulgación científica.
Podes escoitar ONDA CIENCIA en CUAC FM:
Os martes, ás 13:00 horas no dial 103.4 da FM, a través da web de CUAC FM, nas aplicacións móbiles para Android e Apple ou no teu altofalante intelixente.
En calquera momento-lugar a través do repositorio de podcasts de CUAC FM.
Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en Youtube, Spotify, Acast, ou Ivoox.
ONDA CIENCIA é unha iniciativa da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña desenvolvida conxuntamente con CUAC FM.
Equipo técnico:
Idea, proposta de temáticas e preprodución: Yolanda Golías Pérez e Mª Cristina Naya Riveiro.
Produción, presentación e condución do programa: Isabel Lema Blanco.
Control técnico: Chema Casanova.
Postprodución e difusión en redes sociais: Miguel Anxo Facal.
O proxecto conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
3x4 “O galego no século XXI: accións e retos”
3x3 Desinformación nos medios de comunicación
3x2 Xenofobia e racismo desde unha perspectiva interseccional
3x1 Cambio Climático na Coruña: impacto local e estratexias de adaptación para minimizar o risco