1x5 Intelixencia artificial, retos e potencialidades

...

1x5 Intelixencia Artificial, Retos E Potencialidades

 

Neste 5º episodio de ONDA CIENCIA, adicado á Intelixencia artificial abordaremos como o desenvolvemento da intelixencia artificial e dalgunhas das súas ferramentas máis coñecidas están a impactar nas nosas vidas. Queremos coñecer cales son as vantaxes e os campos onde a IA se está a aplicar, pero tamén queremos poñer unha ollada en aqueles aspectos máis controvertidos, ou onde sería preciso unha mellor regulación.   

Para afondar nestas temáticas contamos con catro expertos da Universidade da Coruña chegados de distintas disciplinas científicas, como a informática, o dereito ou as humanidades:     

Verónica Bolón Canedo. Profesorado dpto. de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da facultade de informática. Membro do grupo de investigación LIDIA, a súa investigación céntrase nos métodos de machine-learning dentro do campo da IA, con aplicación a temas médicos e a problemáticas ambientais.

María Noelia Barreira Rodríguez. Profesora do dpto. de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da facultade de informática. membro do Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns. As súas liñas de investigación son visión computacional e imaxe médica. 

Xulio Xosé Ferreiro Baamonde. Profesor de dereito procesual, na facultade de dereito da UDC.  Membro do Grupo de investigación Criminología, Psicología Jurídica y Justicia Penal en el siglo XXI. As súas liñas de investigación abranguen, entre outras, a organización xurisdiccional española e o uso da intelixencia artificial no proceso xudicial.  

Margarita María Alonso Ramos. profesora no dpto. de Letras da Facultade de Filoloxía da UDC. Membro do Grupo de investigación Lengua y Sociedad de la Información (LYS).Entre as súas liñas de investigación figuran a lexicografía e a lingüística computacional

 

Os temas en torno aos que xira o programa son os seguintes: 

- O concepto de Intelixencia artificial e a súa aplicación práctica en eidos como a saúde, a lingüística ou a xustiza penal. 

- A formación especializada e a investigación aplicada que se está a desenvolver na UDC no eido da IA e as súas potencialidades para o mercado profesional dos futuros egresados   

- Os aspectos controvertidos da IA: dilemas éticos. 

- Riscos e retos da intelixencia artificial: a vulnerabilidade da cidadanía frente a desinformación ou o uso non transparente e comercial dos nosos datos. 

- A regulación da IA e o futuro papel da Axencia Estatal de Intelixencia Articial (AESIA). 

- O impacto ambiental da intelixencia artificial. Cara unha IA máis sostible? 

 

A equipa técnica do programa é a seguinte: 

- Mª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.

- Isabel Lema Blanco á conducción do programa.

- Chema Casanova aos controis técnicos. 

- Miguel Anxo Facal na edición e difusión do programa.  

 

Podcast

Programme Details

Date: Aug. 1, 2023, 1 p.m.

Programme: Onda Ciencia

Category: Science & Medicine

RSS:

PARTICIPANTS

Miguel

Miguel

Isa Lema

Isa Lema

Mariano

Mariano

Chema Casanova

Chema Casanova

María Jesús García Abeledo

María Jesús García Abeledo

Roberto Catoira

Roberto Catoira

About

https://cuacfm.org/

Social Links

Our Address

comunicacion@cuacfm.org

This website is running RadioCo