Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é ondaciencia_capa_01_Abn0xCu-1024x711.png

Mañá martes 10 de xullo, ás 13:00 horas, emitirase en CUAC FM o terceiro episodio de ONDA CIENCIA, no que abordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego. ¿Cal é o papel que desempeña a nosa lingua?

Convidamos aos nosos estudos a catro profesores e profesoras da Universidade da Coruña que contan cunha longa experiencia facendo divulgación en diferentes medios de comunicación:     

  • Laura Castro Souto, profesora titular da Facultade de Informática e divulgadora tecnolóxica en diversos medios de comunicación como Radio Galega e Revista Revirada
  • Casto Rivadulla Fernández. Catedrático de Fisioloxía. Comisario da exposición “O mundo na túa cabeza” e autor do libro “A que cheiran as cores”, premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020.
  • Cristina Naya Riveiro. Profesora da Facultade de Ccs da Educación. Coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC. 
  • Alexandre Peres Vigo. Profesor da Facultade de Filoloxía, especialista en sociolingüística galega, planificación e políticas lingüísticas e culturais e Literatura e construción da identidade.
Os entrevistados nos estudos de CUAC FM

Os temas abordados no programa son:

  • A importancia da divulgación científica en galego e a necesidade de referentes galegos no eido da ciencia.
  • As vantaxes e dificultades da divulgación en galego.
  • A cobertura da ciencia nos medios de comunicación de Galicia.  
  • O auxe das redes sociais como espazos de divulgación científicas.
  •  O papel da UDC no eido da divulgación científica en galego.

A equipa técnica do programa é a seguinte: 

  •  Mª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.
  • Isabel Lema Blanco á conducción do programa.
  • Mariano Fernández aos controis técnicos. 
  • Miguel Anxo Facal na edición e difusión do programa.  

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.