Escape Motor sae á estrada: emisión especial en directo do Rally Terra de Galicia

O programa Escape Motor de CUAC FM realizará unha emisión especial en directo este sábado 5 de setembro, narrando en directo o II Rally Terra de Galicia dende as 08.00h ata aproximadamente as 20.30h. A proba, puntuable para o Campeonato de España de Rallyes de Tierra (CERT), percorrerá varios concellos da comarca de Bergantiños e arredores.

CUAC FM 103.4 vai vivir unha xornada especial este sábado 5 de setembro coa emisión en directo de Escape Motor, que se despraza ata o Rally Terra de Galicia para narrar de primeira man toda a acción da proba. A emisión comezará ás 08.00h e prolongarase ata as 20.30h aproximadamente, cubrindo así toda a xornada de tramos cronometrados do sábado.

O Rally Terra de Galicia, na súa segunda edición, é unha proba puntuable para o Campeonato de España de Rallyes de Tierra (CERT) e discorre por concellos como Arteixo, Carballo, Cerceda, A Laracha, Malpica, Coristanco, Ponteceso e Tordoia, cun percorrido total de 358 quilómetros.

Podedes seguir a emisión en directo a través da 103.4FM se está na Coruña e en calquera parte do mundo na nosa app gratuita. Radio Cerceda conectará con CUAC FM polo que tamén será posible seguir o directo a través da súa emisión.

Non perdas ningunha novidade de CUAC FM. Subscríbete á nosa newsletter!

Compartir