A radio comunitaria da Coruña, no teu peto.

Escoita CUAC FM en directo, descubre podcasts únicos e conecta cunha emisora feita pola cidadanía. Sen publicidade. Onde queiras, cando queiras.

Descargar de balde →
CUAC FM app

A radio en vivo, sempre á man

Accede á emisión en directo cun só toque e acompaña a programación de CUAC FM esteas onde esteas. Consulta que programa está en antena agora mesmo e o que vén a continuación.

CUAC FM app directo

Centos de programas, sempre dispoñibles

Recupera episodios cando che apeteza. Música, cultura, humor, sociedade, deporte e voces que non atoparás noutra radio.

Ti marcas a programación

Engade episodios de distintos programas nunha soa lista de reprodución. Sen interrupcións, na orde que ti elixas e escoita cando queiras.

Garda o que máis che gusta

Marca os teus programas favoritos e accede a eles de forma instantánea. Non perdas ningún episodio do que máis che importa.

Nunca máis perdas un episodio

Activa alertas de episodios para os programas que máis che gustan. Cando se publique un novo episodio, recibirás unha notificación no teu móbil.

Deseñada para que goces da radio

Todo o que necesitas nunha app limpa, rápida e gratuíta.

100% gratuíta

Sen anuncios, sen subscrición. Radio comunitaria de verdade.

Emisión en directo 24h

CUAC FM sempre en antena, sen cortes nin interrupcións. A mellor música coidadosamente seleccionada para ti.

Centos de podcasts

Arquivo completo de todos os programas de CUAC FM.

Playlist propia

Crea e xestiona a túa lista de episodios favoritos.

Favoritos

Garda os programas que máis che gustan para atopalos ao instante.

Grella de programación

Consulta que programa hai en cada momento da semana.

Alertas de episodios

Escolle os programas dos que queres estar ao día e recibe unha notificación cada vez que se publique un novo episodio.

O que opina a nosa audiencia

A radio comunitaria da Coruña,
na túa man.

Descarga gratuíta para Android e iOS.