- ONDA CIENCIA é o proxecto de divulgación científica promovido pola Universidade da Coruña e CUAC FM que se emitirá na FM os martes ás 13:00 horas, e tamén en formato podcast
- Será un de coloquio radiofónico, , sobre temáticas de actualidade, con profesorado e investigadoras/es da UDC
- O primeiro programa abordará a “Lei do Solo Si é Si“, con Patricia Faraldo, Ana Neira e Teresa Piñeiro
ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.
O formato do programa é un coloquio no que participarán profesorado e/ou persoas investigadoras da UDC, expertas nunha temática concreta sobre o que versará cada programa.
PRIMEIRO EPISODIO DEDICADO ÁS VIOLENCIAS MACHISTAS
ONDA CIENCIA aborda diferentes temáticas de actualidade dende unha perspectiva crítica e baseada na evidencia científica.
O primeiro episodio está adicado á Lei Orgánica 10/2022, Lei Integral de Garantía da Liberdade Sexual popularmente coñecida como a Lei do «Solo Sí é Sí».
Para elo conversamos con tres expertas na materia, profesoras e investigadoras das Universidade da Coruña: Patricia Faraldo Cabana, Catedrática de Dereito Penal da Facultade de Dereito, Ana Neira Pena, profesora de Dereito Procesual da mesma facultade, e directora da Oficina para a Igualdade de Xénero e María Teresa Piñeiro Otero, profesora de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ccs da Comunicación, e directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas.
ONDE ESCOITAR ONDA CIENCIA
- ONDA CIENCIA pode escoitarse o martes 25 de abril ás 13:00 sintonizando o 103.4 da FM das Ondas Herzianas coruñesas
- No streaming de CUAC cuacfm.org/directo
- A través das nosas aplicacións móbiles para Android e Apple,
- Na nosa canle de YouTube (con subtítulos)
- Consulta a grella de CUAC FM neste enlace
DESCARGA O PODCAST
Visitando á Web do programa: https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/
PRODUCCIÓN
A equipa técnica do programa é a seguinte:
Preprodución: Mª Cristina Naya Riveiro, coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.
Presentación/condución do programa: Isabel Lema Blanco, CUAC FM
Control técnico: Mariano Fernández Cabarcos, CUAC FM
Produción: Isabel Lema, Roberto Catoira, Chema Casanova, Miguel Anxo Facal, Chus Abeledo, CUAC FM
Postproducción: Miguel Anxo Facal, Mariano Fernández, CUAC FM
Redes sociais: Miguel Anxo Facal, CUAC FM
Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.