• ONDA CIENCIA é o proxecto de divulgación científica promovido pola Universidade da Coruña e CUAC FM que se emitirá na FM os martes ás 13:00 horas, e tamén en formato podcast
  • É un coloquio radiofónico, , sobre temáticas de actualidade, con profesorado e investigadoras/es da UDC
  • O primeiro programa aborda a “Lei do Solo Si é Si“, con Patricia Faraldo, Ana Neira e Teresa Piñeiro
  • Os podcasts están dispoñibles no link https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/

CUAC FM ven de de estrear o novo programa “ONDA CIENCIA“, que pretende ser un espazo de divulgación e análise de cuestións de actualidade dende una perspectiva científica e rigurosa.

O primeiro episodio de ONDA CIENCIA estivo adicado á  Lei Orgánica 10/2022, Lei Integral de Garantía da Liberdade Sexual, popularmente coñecida como a lei do «solo sí é sí», e que podes escoitar no seguinte posdcast:

Conversamos con tres expertas na materia, profesoras e investigadoras da Universidade da Coruña:  

– Dra. Patricia Faraldo Cabana, Catedrática de Dereito Penal da Facultade de Dereito da UDC. Conta cunha ampla experiencia investigadora e asesora do goberno para a regulación dos delitos sexuais no Código Penal. 

– Dra. Ana Neira Pena, profesora de Dereito Procesual e directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC. Entre as súas liñas de traballo actual están o tratamento das violencias machistas dende ás Universidades a través dos protocolos de acoso e as cuestión de proba nos procesos penais por delitos sexuais.

– Dra. María Teresa Piñeiro Otero. Profesora titular da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ccs da Comunicación, Directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC e investigadora en temas relacionados coa violencia machista dixital.

Ana Neira, Isabel Lema, Patricia Faraldo e Teresa Piñeiro

O debate, abordou, dende unha perspectiva pedagóxica, os aspectos máis da recentemente aprobada “Lei do Sí é Sí”, contextualizando a reforma no marco legal internacional e explicando porqué era precisa unha reforma deste tipo.

Os temas sobre os que debateu no programa foron: 

  • Os cambios da Lei en materia de consentimento afirmativo 
  • Os bulos sobre a presunción de inocencia  
  • perfil de vítima de violencia machista habitual no Estado e como se abordan estos crimes nos medios de comunicación
  • A supresión da diferencia entre abusos sexuais e agresión sexual
  • tratamento dos medios de comunicación das vítimas de violencia machista
  • A reducción da pena dalguns delitos sexuais, a agravante por sumisión química, e a liberdade anticipada de condeados por violencia sexual  
  • A implantación da educación sexual obrigatoria na UDC

ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.

A equipa técnica do programa é a seguinte: 

  • Preprodución:  Mª Cristina Naya Riveiro, coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.
  • Presentación/condución do programa: Isabel Lema Blanco, CUAC FM
  • Control técnico: Mariano Fernández Cabarcos, CUAC FM
  • Produción: Isabel Lema, Roberto Catoira, Chema Casanova, Miguel Anxo Facal, Chus Abeledo, CUAC FM 
  • Postproducción: Miguel Anxo Facal, Mariano Fernández, CUAC FM
  • Redes sociais: Miguel Anxo Facal, CUAC FM  

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.