taller-cuac-agora

TALLER DE RADIO DE CUAC FM NO CENTRO ÁGORA

O pasado venres, CUAC FM impartiu unha nova edición do “taller de radio” para mozos e mozas, que organiza en colaboración co Centro Ágora do Concello da Coruña.

Ao longo de tres horas, os participantes puideron coñecer dunha maneira práctica e amena como se produce un programa de radio en CUAC FM, enfrontáronse por primeira vez aos micrófonos e xogaron a improvisar unha entrevista nun estudo de radio.

CUAC é a  radio comunitaria da Coruña, un medio de comunicación social aberto a calquera persoa ou entidade que desexe facer un programa de radio ou colaborar coas actividades diarias de CUAC. Os nosos principios baseanse na transparencia, a horizontalidade, a participación e o servizo social, pois tentamos a través dos nosos micros “dar voz a que non a ten”.

Se estás interesado en recibir máis información sobre CUAC FM ou sobre os programas de formación que desenvolvemos anualmente visita as seccións CUAC FM e FORMACIÓN.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.