- Videoxogos: industria, entretemento e valores, o novo podcast de ONDACIENCIA que se emitirá máña MARTES 19 DE XUÑO ás 13:00 horas pola FM coruñesa, a nosa Web https://cuacfm.org/directo/ e as nosas APPs móbiles.
- ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica producido por por CUAC FM e aUnidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña.
- Os podcasts están dispoñibles no link https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/
Neste segundo episodio de ONDA CIENCIA, nomeado “Videoxogos: industria, entretemento e valores”, adicado ao desenvolvemento da industria dos videoxogos e o impacto que ten sobre a sociedade dende unha perpectica multidisciplinar, contamos con 4 expertos da universidade da Coruña:
- María Luz Castro Pena, Doutora en informática. Coordinadora do Máster de Deseño, Desarrollo e Comercialización de Videoxogos. I Premio Ada Byron del CPEIG
- Luís Antonio Hernández Ibáñez. Decano/a – Facultade de Ciencias da Comunicación e docente no grao en Creación Digital, Animación y Videojuegos. As súas liñas de investigación céntranse na Realidade virtual e entornos inmersivos.
- Patricia Comesaña Comesaña. Profesora de Estratexias de Comunicación Multimedia no grao de comunicación audiovisual
- Alba Patricia Digón. Profesora de Ccs da Educación na área de pedagoxía e didáctica. As súas liñas de investigación son educación mediática e a educación para a cidadanía global.
Os temas sobre os que debateu no programa foron:
- A importancia da industria do videoxogo en Galicia e no mundo
- O papel da Universidade da Coruña como formadora experta dos diversos perfís profesionais demandados nesta industria.
- As estratexias de márketing na industria do videoxogo. Poboacións vulnerables.
- Tendencias de consumo da industria cultural-creativa dos videoxogos.
- Sexismo na industria.
- Trasmisión de valores -negativos e positivos- e estereotipos a través dos videoxogos.
- Os videoxogos como ferramenta educativa e de innovación pedagóxica.
A equipa técnica do programa é a seguinte:
- Na preprodución de Onda Ciencia está Mª Cristina Naya Riveiro, coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.
- Á conducción do programa atópase quen vos fala, Isabel Lema Blanco.
- E contamos con Miguel Anxo Facal no control técnico, edición e difusión do programa.