Imaxe: Eugenia Osterberger by Xunta de Galicia

Os programas Recendo e Una noche en la ópera, de CUAC FM, farán sesión conxunta o martes 22 ás 19:00h para falar de Eugenia Osterberger: A compositora galega da Belle Époque.

Falaráse coan Rosario Martínez, unha investigadora coruñesa que está especializada na vida e obra de Sofía Casanova e que nos descubrirá o disco Eugenia Osterberger: A compositora galega da Belle Époque (1852-1932)“, selado pola firma Ouvirmos.

Esta investigadora descubriu a existencia desta compositora galega quepoucos lembraban e que pertencía ao círculo de amizades de Sofía Casanova. Sumou ao seu proxecto a unha pianista, Beatriz López-Suevos, e unha cantante lírica, Susana de Lorenzo, para gravar esta obra e escribir un libro sobre esta autora. As 3 intervirán ao longo da tarde, entre as diferentes pezas do disco.

A mellor mestura de entrevistas interesantes e boa música, coma sempre en CUAC FM. Non volo perdades!

Para coñecer máis sobre UNA NOCHE EN LA OPERA: https://cuacfm.org/radioco/programmes/una-noche-en-la-opera/

Para coñecer máis sobre RECENDO: https://cuacfm.org/radioco/programmes/recendo/

Deixar unha resposta