CUAC FM realizará esta tarde de venres de 18:30 a 20:30h, no Centro Ágora do Ventorrillo, un programa de radio en directo e aberto á toda a cidadanía.

O Centro Ágora acollerá esta terceira e última experiencia de Radio Barrio, un programa realizado por artistas, escritores, actores sociais, comunicadores e membros das asociacións culturais dos barrios de O Ventorrillo, Agra do Orzán, Lavañou, Mariñeiros e A Sagrada Familia.

Radio Barrio está dinamizado polas locutoras e locutores de CUAC FM e contará coa participación do público asistente para o deselvolvemento deste experimento sonoro.

Unha convocatoria para xente de todas as idades!

Convidamos a todas as persoas que queiran asistir a disfrutar dunha mañá experimentando con este medio de comunicación tan popular e coas persoas que desenvolven a sua creatividade no barrio e máis alá.

A entrada é totalmente gratuíta. Dirección: 

https://www.google.es/maps/place/Biblioteca+Municipal+%C3%81gora/@43.363217,-8.426391,15z/data=!4m5!3m4!1s0x0:0x931059d4d710ac1f!8m2!3d43.363217!4d-8.426391

Deixar unha resposta