tutorialcuac

Pequena demo da pantalla de benvida

Nova versión da app de Android de CUAC FM baseada no software libre radiocom-android que xa están a usar emisoras comunitarias como Onda Color. Esta nova versión xa está dispoñible para descarga en Google Play e trae as seguintes melloras:

  • Nova interface de usuario moito máis sinxela.
  • Emisión en directo 24 horas ó día.
  • Galería fotográfica.
  • As ultimas novas da emisora.
  • Os podcasts dos nosos programas para escoitar con internet ou para descarga.
  • Integración cas redes sociais (Facebook e Twitter) oficiais.
  • Localización da emisora mediante Google Maps.
  • Acceso a nosa páxina web.

Dispoñible en Google Play

A continuación amosamos algunhas capturas de pantalla.

android-cuacfm-radiocom

android-cuacfm-radiocom-otras

 

É unha primeira versión do software e moi pronto chegarán novas actualizacións con envío de mensaxes, integración da canle de Youtube da emisora, rexistro de usuarios ou envío de audios da cidadanía desde a aplicación.

Se tes algunha suxestión deixa por favor un comentario.

Deixar unha resposta