O 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio e para celebralo estaremos no Centro Cívico de Monte Alto para dar unha breve charla sobre CUAC FM e os medios comunitarios. Será ás 19:30 no salón de actos e a entrada é libre. Previamente estaremos gravando audios dalgunhas persoas usuarias dese espazo porque sabemos que unha delas ten moitísimo que contarnos.

Os Medios Comunitarios en España estamos traballando en rede (hoxe haberá emisións comúns) na Rede de Medios Comunitarios e usaremos hoxe un hashtag #AupaLasRadios para que, se tes interese, podas ir seguindo o que facemos en moitos puntos do estado a través das redes sociais.

Se queres saber máis, esta é a web da ReMC http://medioscomunitarios.net/

Viva a radio!

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.