Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é ondaciencia_capa_01_Abn0xCu-1024x711.png

Mañá martes 25 de xullo, ás 13:00 horas, emitirase en CUAC FM o cuarto episodio de ONDA CIENCIA, no que abordaremos a profesionalización do deporte en Galicia, os avances acontecidos nos pasados anos no deporte galego profesional e tamén as eivas e dificultades aínda existentes, especialmente dende a perspectiva de xénero.  

Para afondar nestas temáticas contamos con catro expertas da Universidade da Coruña do eido das ciencias do deporte, da saúde deportiva e fisioterapia e da comunicación deportiva:     

  • Marta Bobo Arce, especialista en rendemento deportivo e xénero, actividade física e calidade de vida, tamén investiga sobre aspectos vinculados á profesionalización deportiva. 
  • María José Mosquera González, profesora de Educación Física e Deportiva, investiga sobre cultura deportiva, roles de xénero no deporte e a cultura da “non violencia”. 
  • Andrea Seijo Ares, profesora na escola de Fisioterapia e especialista en fisioterapia deportiva. 
  • Claudia López López, xornalista en prensa deportiva, investigadora predoutoral, investiga sobre as redes sociais como canle de promoción da actividade física e do exercicio dende a perspectiva de xénero. 

Os temas abordados no programa son:

  • A profesionalización do deporte en Galicia e a situación das mulleres deportistas. 
  • A masculinación do deporte profesional e as barreiras existentes para as deportistas profesionais. 
  • As potencialidades profesionais da fisioterapia deportiva e os teitos de cristal atopados neste ámbito profesional. 
  • A presencia das mulleres no eido da xestión deportiva e as oportunidades de especialización. 
  • O papel dos medios de comunicación na transmisión de estereotipos no deporte.
  • A influencia das redes sociais para os/as deportistas. Luces e sobras da exposición nas redes. 

A equipa técnica do programa é a seguinte: 

  • Mª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.
  • Isabel Lema Blanco á conducción do programa.
  • Mariano Fernández aos controis técnicos. 
  • Miguel Anxo Facal na edición e difusión do programa.  

Lembra que podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.