- ONDA CIENCIA é o proxecto de divulgación científica promovido pola Universidade da Coruña e CUAC FM que se emitirá na FM os martes ás 13:00 horas, e tamén en formato podcast
- É un coloquio radiofónico, , sobre temáticas de actualidade, con profesorado e investigadoras/es da UDC
- O primeiro programa aborda a “Lei do Solo Si é Si“, con Patricia Faraldo, Ana Neira e Teresa Piñeiro
- Os podcasts están dispoñibles no link https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/
CUAC FM ven de de estrear o novo programa “ONDA CIENCIA“, que pretende ser un espazo de divulgación e análise de cuestións de actualidade dende una perspectiva científica e rigurosa.
O primeiro episodio de ONDA CIENCIA estivo adicado á Lei Orgánica 10/2022, Lei Integral de Garantía da Liberdade Sexual, popularmente coñecida como a lei do «solo sí é sí», e que podes escoitar no seguinte posdcast:
Conversamos con tres expertas na materia, profesoras e investigadoras da Universidade da Coruña:
– Dra. Patricia Faraldo Cabana, Catedrática de Dereito Penal da Facultade de Dereito da UDC. Conta cunha ampla experiencia investigadora e asesora do goberno para a regulación dos delitos sexuais no Código Penal.
– Dra. Ana Neira Pena, profesora de Dereito Procesual e directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC. Entre as súas liñas de traballo actual están o tratamento das violencias machistas dende ás Universidades a través dos protocolos de acoso e as cuestión de proba nos procesos penais por delitos sexuais.
– Dra. María Teresa Piñeiro Otero. Profesora titular da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ccs da Comunicación, Directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC e investigadora en temas relacionados coa violencia machista dixital.
O debate, abordou, dende unha perspectiva pedagóxica, os aspectos máis da recentemente aprobada “Lei do Sí é Sí”, contextualizando a reforma no marco legal internacional e explicando porqué era precisa unha reforma deste tipo.
Os temas sobre os que debateu no programa foron:
- Os cambios da Lei en materia de consentimento afirmativo
- Os bulos sobre a presunción de inocencia
- O perfil de vítima de violencia machista habitual no Estado e como se abordan estos crimes nos medios de comunicación
- A supresión da diferencia entre abusos sexuais e agresión sexual
- O tratamento dos medios de comunicación das vítimas de violencia machista
- A reducción da pena dalguns delitos sexuais, a agravante por sumisión química, e a liberdade anticipada de condeados por violencia sexual
- A implantación da educación sexual obrigatoria na UDC
ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radiofónico, realizado conxuntamente por CUAC FM e a Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.
A equipa técnica do programa é a seguinte:
- Preprodución: Mª Cristina Naya Riveiro, coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.
- Presentación/condución do programa: Isabel Lema Blanco, CUAC FM
- Control técnico: Mariano Fernández Cabarcos, CUAC FM
- Produción: Isabel Lema, Roberto Catoira, Chema Casanova, Miguel Anxo Facal, Chus Abeledo, CUAC FM
- Postproducción: Miguel Anxo Facal, Mariano Fernández, CUAC FM
- Redes sociais: Miguel Anxo Facal, CUAC FM