O programa de CUAC FM, RADIOACTIVA, ven de publicar este vídeo na rede social YOUTUBE, co gallo do seu aniversario como proxecto radiofónico na sintonía de CUAC FM.
RADIOACTIVA, coordinado por Clara de Vega, é un programa promovido pola Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, e os seus compoñentes forman parte desta institución, especialmente persoas sen fogar, usuarias do albergue xestionado por Padre Rubinos.
Podes coñecer máis sobre RADIOACTIVA visualizando a presentación de Clara de Vega no I Congreso de Alfabetización Mediática e Medios de Comunicación, celebrado en A Coruña en novembro de 2022:
PANEL DE EXPERIENCIAS: “Empoderamiento Mediático dende o Terceiro Sector”
Tamén podes ler o ARTIGO titulado: “Radioactiva. La radio como herramienta de inclusión social”, publicado por Clara de Vega no libro “Alfabetización Mediática y Medios de Comunicación. Experiencias, Aprendizajes y Potencialidades de los Medios Comunitarios”, editado por Isabel Lema Blanco e CUAC FM en 2023.
DESCARGA O LIBRO EN VERSIÓN DIXITAL NESTE LINK