O Paraninfo da Universidade da Coruña acollerá este xoves 24 de novembro, as 19:00 horas, a segunda proxección do documental NADA QUE VER, producido por CUAC FM, e que recolle os 25 anos de historia da radio comunitaria da Coruña.
A segunda proxección terá lugar no paraninfo da Maestranza, a partir das 19:00 horas, no marco do I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios” que se celebra na Coruña do 24 ao 26 de novembro de 2022.
A entrada para a proxección do documental é LIBRE e GRATUITA, ata encher o aforo do paraninfo.
Manuel Ferreirós Martinez says:
Estoy encantado de poder asistir a este novo evento.
Unha aperta, voso novo compañeiro,
Manuel Ferreirós Martínez