CUACFM_23_ANOS
CUACFM_23_ANOS

A radio comunitaria da Coruña cumple hoxe, o mércores 27 de marzo, 23 anos de emisións.

O 27 de marzo de 1996 inaugurábase Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, que emite no 103.4 da Frecuencia Modulada. Cuac FM, emisora privada sen ánimo de lucro formada pola asociación Colectivo de Universitarios Activos, comezaba a súas emisións hai 23 anos con 26 programas na grella, tras 15 días de probas e promoción.

CUAC celebrará o seu 23 aniversario cunha xornada de Portas Abertas hoxe mércores 27 de marzo, entre as 18:30 e as 21:30 horas, na propia sede da emisora comunitaria, para amosar as instalacións da radio e da escola de radio e asociacionismo a calquera persoa que desexe achegarse.

Haberá un brindis ás 21:00 para celebrar estes 23 anos de radio en liberdade. Ademáis, temos un pequeno agasallo para nais ou pais nados na década dos anos 90 e que teñan un peque (ou máis) no entorno dos dous anos que se acheguen á emisora mañá durante a franxa horaria sinalada.

Transcurridos 23 anos, Cuac FM contabiliza que formaron parte da súa grella un total de 462 programas e miles de persoas teñen xa participado dun proxecto comunitario e horizontal, independente,sen ánimo de lucro, baseado no traballo voluntario dos seus socios e socias, e que cumpre un fin social: garantir o dereito á comunicación da cidadanía coruñesa.

Cuac FM desenvolve unha actividade de radiodifusión diaria, con emisión as 24 horas do día, 365 días ao ano. E faino a pesares da ineficacia das administracións públicas á hora de garantir un acceso democrático e igualitario ao exercizo efectivo do dereito á comunicación que recolle o artigo 20.1 da Constitución Española. Así mesmo, CUAC exerce unha actividade asociativa e educadora, que desenvolve actualmente a través da súa Escola de Radio e Asociacionismo.

CUAC celebra o seu 23 aniversario á espera da resolución do Tribunal Supremo respecto do RECURSO DA XUNTA DE GALICIA Á SENTENZA DO TSXG QUE GARANTE O DEREITO DE EMISIÓN DE CUAC FM. O pasado 7 de febreiro o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia notificou a Cuac FM a dilixencia pola cal a Xunta de Galicia anuncia a preparación dun Recurso de Casación contra a sentenza 00507/2018 deste Tribunal, favorable a Cuac FM.

Dito noutras palabras, a Xunta recorreu ante o Tribunal Supremo unha sentenza do TSXG que garante o dereito á comunicación desta emisora comunitaria e na que se recoñece unha garantía temporal de emisión en frecuencia modulada para Cuac FM.

A devandita sentenza que a Xunta pretende recorrer ante o Tribunal Supremo, recoñece a violación dos dereitos fundamentais de Cuac FM e o seu dereito a emitir, e deixaba sen efecto as ameazas de sanción en caso de voltar á FM, coma de xeito fixemos o 1 de novembro, sentenza que foi ditada unanimemente por catro maxistrados, tendo en conta o informe previo da fiscalía favorable á Cuac.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.