O pasado venres 1 de abril ducias de persoas que temos pasado pola emisora nestes 20 anos de emisións reunimons para unha cea con festa posterior. Vivimos momentos de emoción con moitos reencontros de xente que facía tempo que non viamos.

Durante os postres puidemos ver unha serie de vídeos de moi diversas procedencias. Queremos compartir o que realizou Antón Lezcano do mítico programa Zapping (e algún máis) para a ocasión. Seguro que se pinchas neste enlace vas disfrutar tanto coma nós. É un documento fantástico que nos emociona e seguro que recordaremos durante moito tempo.

Xa compartiremos máis detalles, imaxes e vídeos da nosa celebración para todas as persoas que pasaron pola emisora e non puideron asistir.

 

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.