Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña conmemora o 8M cunha programación especial que dará cobertura á situación da muller dende unha gran diversidade de perspectivas.

A emisora de Cuac FM está a celebrar o “Día da Muller”, cunha programación especial que comezou o pasado xoves 28 de febreiro e que rematará o vindeiro 14 de marzo. Ao longo desta primeira quincena de marzo, as mulleres son as protagonistas en Cuac FM.

A través do 103.4 da FM poderás escoitar as voces de activistas feministas da cidade. Contaremos con representantes do mundo da educación, da empresa, da Universidade da Coruña; analizaranse o papel da muller na música e nas artes escénicas e moitos máis contidos encherán a programación de Cuac FM. (consulta o listado de contidos máis abaixo).

Daremos difusión tamén a través das nosas redes sociais ás actividades que se están a desenvolver na cidade polo 8 de Marzo, facendo seguemento da manifestación feminista que sairá este venres do Obelisco.

Cuac FM quere lembrar tamén o importante papel que teñen os medios de comunicación na educación en igualdade, na información constrastada e veraz sobre as discriminacións que sofren as mulleres , e a eliminación de estereotipos de xénero que son aínda frecuentes nos medios e na publicidade.

Cuac FM convida á todas as mulleres da Coruña a participar da maxia da radio e a construir o seu propio discurso a través dos medios de comunicación. As radios comunitarias permiten unha comunicación en igualdade, sen discriminacións nen diferencias. Pois todas e todos xuntos contruímos un sistema de medios mellor.


Programación especial Día da Muller

XOVES 28 DE FEBREIRO 13:00 RadioSénior: Entrevista a Mariola Mourelo Pérez, activista feminista, e a Teresa Piñeiro, directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC.

LUNS 4 DE MARZO 19:00 Cuak’N’Roll: O papel da muller no mercado discográfico. Temas de solistas mulleres ou bandas nas que a muller ten o papel de líder.

MARTES 5 DE MARZO 20:00 EnWorking: Adica unha sección ao modelo de Educación Positiva Inclusiva, co Dr. José Antonio Ortega Carrillo, Catedrático de Tecnoloxía Educativa Positiva na Universidade de Granada. 

MÉRCORES 6 DE MARZO 21:00 Simplemente Gente: Coloquio sobre a folga e as súas formas, a situación das mulleres migrantes, e a educación e os estereotipos.

VENRES 8 DE MARZO 17:00 Heima (adianta o seu horario para non perderse a manifestación; non cha perdas ti tampouco!): Mulleres no cine, na música e na literatura.

SÁBADO 9 DE MARZO 21:00 MalhumorHadas: Especial sobre a muller na universidade coa alumna Fernanda “Rita Caoba” e a docente e directiva Emilia García, impulsora de máis postos directivos en ADE.

MARTES 12 DE MARZO 18:00 Alegría:  Entrevista a Beatriz Maceda (mestra), Eli Ríos (alumna), Eva Agra (ilustradora) e Andrea Jamardo (editora) sobre as actividades no CEIP Raquel Camacho polo Día da Muller.

XOVES 14 DE MARZO 19:00 Turbulencias: Coloquio sobre a muller na industria musical con varias invitadas traballadoras de distintos ámbitos. Entrevista con The Mani-las, power trío feminino de rock suxo e enérxico.

Podes escoitarnos en directo no 103.4 da FM, en https://cuacfm.org/directo/ e nas aplicacións para Android e iPhone, e en podcast en https://cuacfm.org/radioco/

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.