EnBoxes retransmite o Rallye da Coruña o sábado 2 de febreiro en Cuac FM

Por fin comeza o Campeonato Galego de Rallyes, que arrancará o 1 e 2 de marzo na Coruña. O equipo do programa de motor EnBoxes Cuac FM estaremos no 103.4 da FM informando durante todo o día da evolución dos pilotos por tramos desta 23ª edición do Rallye da Coruña. Será dende as 08:30h da mañá ata que chegue o último coche, cara ás 22h. Escoita a retransmisión no podcast de EnBoxes

Esta 23ª edición do Rallye A Coruña preséntase con moi poucos cambios respecto a 2018.

O venres pola maña a partir das 12:30h celebraranse as verificacións técnicas no Pazo dos Deportes de Riazor. Dende Riazor irán á asistencia, ubicada no Polígono de Vioño, e de aí ao parque pechado, que este ano estará situado no Parrote.

Neste mesmo lugar celebrarase a cerimonia de saída. Será o sábado a partir das 08:42h cando arranque o primeiro tramo cronometrado, sendo 4 tramos a dobre pasada cada un deles. Non sofren ningún tipo de cambio, e así pola mañá correranse as especiais de Coirós e Aranga e pola tarde, dende as 16:37h, os tramos de Culleredo e Cerceda, que como en anos anteriores será o derradeiro tramo da proba coruñesa.


Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.