• Episodio 3X01 «Cambio Climático na Coruña: impacto local e estratexias de adaptación para minimizar os riscos climáticos»
  • Falamos sobre os riscos derivados do cambio climático con tres expertos da Universidade da Coruña: Pedro Vega Marcote, Manuel Regueiro Picallo e Armand Hernández Hernández
Imaxe: (de esquerda á dereita) Manuel Regueiro, Isabel Lema, Armand Hernández e Pedro Vega.

A terceira tempada de ONDA CIENCIA deu comezo cun primeiro programa dedicado á análise dos riscos derivados do cambio climático desde unha perspectiva interdisciplinaria. A DINA sufrida na Comunidade Valenciana a finais de 2024 ou os alarmantes incendios acontecidos en California amosan a fraxilidade das urbes ante os fenómenos climáticos extremos.

En ONDA CIENCIA quixemos saber como está afectando o cambio climático na Coruña (e, por extensión, Galicia) e coñecer as diferentes medidas e estratexias que deberiamos desenvolver, como comunidade, para nos adaptar ao riscos climáticos o mellor posible. Para iso, conversamos con tres expertos da Universidade da Coruña cunha extensa traxectoria investigadora neste eido:

ESCOITA O PODCAST DE ONDA CIENCIA:

CONTIDO

Desde unha perspectiva local, os expertos afondaron na necesidade de transformar a actual xestión dos recursos hídricos en Galicia, para se anticipar e adaptar aos cambios derivados do cambio climático, o que implica unha mellora dos sistemas de auga urbana.

Porén, desde un enfoque pedagóxico, afóndase na ambientalización curricular dos estudos universitarios e na mellora da formación dos futuros docentes, como estratexias clave para conciencia e mellorar as competencias de acción climática da cidadanía.

Así mesmo, os expertos alertan do fenómeno da desinformación que pode afectar a percepción social do cambio climático e evidencia un incremento da porcentaxe de «negacionistas climáticos» nos últimos anos. 

ESCOITA ONDA CIENCIA

ONDA CIENCIA pódese escoitar os martes ás 13:00 horas no 103.4 da FM e na nosa web (streaming)  https://cuacfm.org/directo/

Podes escoitar e descargar todos os PODCASTS na web do programa

Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en Youtube (con subtítulos en galego), SpotifyAcast, ou Ivoox.

EQUIPO TÉCNICO: 

  • Yolanda Golías Pérez Mª Cristina Naya Riveiro: idea, proposta de temáticas e expertas
  • Isabel Lema Blanco: produción, presentación e condución do programa
  • Mariano Fernández Cabarcos e Chema Casanova: control técnico do programa
  • Miguel Anxo Facal: posprodución e difusión en redes sociais

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.