Onda Ciencia

...

Onda Ciencia

ONDA CIENCIA é un proxecto de divulgación científica en formato radio e podcast, desenvolvido  pola Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña e CUAC FM,a emisora comunitaria da Coruña.

En cada entrega, propoñemos unha aproximación interdisciplinar a un tema de actualidade, da man de voces expertas da UDC. Cun formato de faladoiro, persoal docente e investigador de diversas áreas do coñecemento debulla cuestións de interese social desde unha perspectiva crítica e sustentada na evidencia científica.

Nas dúas primeiras tempadas de ONDA CIENCIA achegámosvos a investigación da Universidade da Coruña e o seu potencial para afrontar os retos do presente. Episodios como "Intelixencia artificial, retos e potencialidades", "A liberdade sexual a debate: exame á Lei do 'Solo si é si'", "O uso do galego na intelixencia artificial", "O discurso de odio nos medios" ou "Saúde mental" exemplifican o compromiso deste proxecto coa sociedade, co rigor e coa pluralidade na divulgación científica.

Nesta terceira tempada seguimos a explorar diversos fenómenos de actualidade. O cambio climático, o racismo e a xenofobia, a desinformación, o presente e futuro do galego, os desafíos relacionados coa igualdade e a diversidade… conecta con ONDA CIENCIA e descubre como a ciencia pode axudar a comprender e afrontar os retos do noso tempo!

Podes escoitar ONDA CIENCIA en CUAC FM:

En directo os martes, ás 103.4 da FM, a través da web de CUAC FM, nas aplicacións móbiles para Android e Apple ou no teu altofalante intelixente.

En calquera momento-lugar a través do repositorio de podcasts de CUAC FM.

Tamén podes revisar os episodios das tres tempadas de ONDA CIENCIA nos espazos de CUAC FM en Youtube, Spotify, Acast, ou Ivoox.

ONDA CIENCIA é unha iniciativa da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña desenvolvida conxuntamente con CUAC FM.

Equipo técnico: 

Idea, proposta de temáticas e expertas: Yolanda Golías Pérez Mª Cristina Naya Riveiro.

Produción, presentación e condución do programa: Isabel Lema Blanco.

Control técnico: Mariano Fernández Cabarcos e Chema Casanova.

Postprodución e difusión en redes sociais: Miguel Anxo Facal.  

O proxecto conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

                       

 

   

Lista de programas

Language: Gallego

Category: Ciencia y medicina

RSS:

Episodios

MEMBERS

Miguel

Postprodución e difusión en redes sociais

Miguel

Postprodución e difusión en redes sociais

Isa Lema

Presentadora

Isa Lema

Presentadora

Mariano

Control técnico

Mariano

Control técnico

Chema Casanova

Control técnico

Chema Casanova

Control técnico

Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDC)

Produción

Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDC)

Produción

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo