Fernando Souto, membro da coordinadora de Tecnoloxía de CUAC FM, impartirá este martes 29 de outubro ás 18:00 horas, unha conferencia na aula 3.5 da Facultade de Informática da Universidade da Coruña sobre o proceso de transformación dixital da emisora comunitaria da Coruña.

A actividade está organizada por GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux), no marco dun proxecto de aprendizaxe-servizo impulsado por CUAC e GPUL para a mellora dos sistema de automatización de podcasts.

ASISTENCIA GRATUITA. INSCRIPCIÓN EN:

https://www.meetup.com/gpul-labs/events/304003602/?eventOrigin=group_upcoming_events

ANTECEDENTES

Dende a inauguración de CUAC FM no ano 1996, @CuacFM ten evolucionado moito tecnolóxicamente falando. Así, duns estudos completamente analóxicos, onde somentes se emitía a programación de CUAC a través da FM, actualmente a emisora ten dixitalizado todo o proceso de emisión e reemisión de podcasts.

Algúns hitos destacados deste proceso:

  • CUAC FM foi a primeira emisora ​​de radio con aplicacións para Android e iOS de Galicia.
  • CUAC FM dixitalizou e automatizou a xeración de podcasts a través do proxecto RADIOCO by @iagoveloso.
  • CUAC FM ten estudos virtuais a través de IoT, sendo a única emisora en Galicia que continuou coa súa programación dende o 1º día de pandemia (2020) sen que os seus membros tivesen que acudir á emisora para facer radio.

Todo isto e moito máis grazas ao OPEN SOURCE e á colaboración de estudantes e membros da FIC e da UDC, durante máis de 25 anos.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.