
A falta de acceso a un fogar digno converteuse nunha das maiores preocupacións sociais en España. No terceiro episodio da cuarta tempada de Onda Ciencia analizamos as causas estruturais, o papel do urbanismo e as novas alternativas de convivencia da man de tres persoas expertas e pertencentes á Universidade da Coruña:
- Natalia Álvarez Lata. Catedrática no Departamento de Dereito Civil da Facultade de Dereito. Membro do Grupo de investigación Empresa, Consumo e Dereito. Desenvolve gran parte da súa actividade investigadora no campo da responsabilidade civil.
- Plácido Lizancos Mora. Profesor titular no Departamento de Expresión Gráfica Arquitectónica, na ETSA. Membro do Grupo de investigación Grupo de Estudos Territoriais. Investiga sobre hábitat básico, vivenda e procesos habitados.
- Nieves Rodríguez Brisaboa. Catedrática emérita do Departamento de Informática da UDC. Premio Nacional de informática na categoría Angela Ruiz Robles (2019). Medalla Enrique Vidal Abascal 2025, outorgada pola Real Academia Galega de Ciencias. Presidenta da Asociación LarLilás, que promove un novo modelo de envellecemento activo baseado na autoxestión.
ESCOITA O PODCAST “VIVENDA: DESAFÍOS E SOLUCIÓNS”
Contido do programa
Este episodio de Onda Ciencia explora e aborda a crise habitacional en España analizando os factores que converten a vivenda nun obxecto de conflito e as causas de que o parque inmobiliario actual non responda ás necesidades das novas estruturas familiares. A través do diálogo cos expertos, o programa explora o impacto da planificación urbana na calidade de vida, os mecanismos xurídicos para mobilizar os millóns de vivendas baleiras cara ao mercado de alugueiro e a urxencia de superar as barreiras burocráticas e financeiras que frean alternativas como a covivenda (ou co-housing) ou o cooperativismo autoxestionado en Galicia.
O episodio non só buscou identificar os problemas, senón tamén explorar solucións. Desde a intervención estatal no mercado ata os exemplos de éxito noutros países europeos, as nosas convidadas propoñen medidas concretas para garantir que a vivenda sexa un ben accesible para a cidadanía.
ESCOITA ONDA CIENCIA NA NOSA CANLE DE YOUTUBE
ONDA CIENCIA
Onda Ciencia emítese os martes ás 13:00 h no 103.4 da FM e no streaming:https://cuacfm.org/directo/.
Podes escoitar e descargar todos os episodios do podcast na páxina web do programa: https://cuacfm.org/radioco/programmes/onda-ciencia/.
Tamén podes revisar todos os episodios de Onda Ciencia nos espazos de CUAC FM en YouTube, Spotify, Acast, ou Ivoox.
EQUIPO TÉCNICO:
- Yolanda Golías Pérez e M.ª Cristina Naya Riveiro: idea, proposta de temáticas e preprodución.
- Isabel Lema Blanco: produción, presentación e condución do programa.
- Chema Casanova e Mariano Fernández: controis técnicos.
- Miguel Anxo Facal: edición, posprodución e difusión nas redes sociais.