4x2 Como vivir unha eclipse? Que nos di a astronomía?

...

4x2 Como Vivir Unha Eclipse? Que Nos Di A Astronomía?

As áreas da Coruña e Ferrol serán lugares privilexiados nos que presenciar, o vindeiro  12 de agosto de 2026, unha eclipse solar total histórica, visible entre as 19:31 e as 21:22 horas. Para preparármonos ante este acontecemento excepcional, neste episodio de Onda Ciencia catro expertos da Universidade da Coruña analizan a transcendencia científica, cultural e pedagóxica das eclipses:

- Ángel Daniel Arós Rodríguez, profesor titular no Departamento de Matemáticas e membro do Grupo de investigación de Modelización e resolución de modelos. Como integrante da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, contribúe á divulgación de fenómenos de mecánica celeste coma as eclipses. 

- Xabier Pérez Couto (@astroxabi), investigador predoutoral no CITIC e membro do Laboratorio Interdisciplinar de Aplicacións da Intelixencia Artificial (LIA2). Participa no proxecto Smart data para unha análise multicolor da vía láctea en Gaia.

- Alsira Salgado Don, capitá da Mariña Mercante e profesora na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas, onde imparte docencia en navegación costeira e astronómica.

- Susana García Barros, catedrática de universidade e profesora honorífica no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Autora de diversas publicacións sobre a didáctica das ciencias e os fenómenos astronómicos.

Contido do programa

Este episodio de Onda Ciencia explora a importancia científica, cultural e histórica das eclipses solares, centrándose na eclipse total que se producirá na nosa área xeográfica o 12 de agosto de 2026. Ao longo da conversa, as catro persoas convidadas analizan o papel das eclipses no desenvolvemento da astronomía, a súa relevancia para comprender os movementos celestes e a súa influencia na historia da ciencia. Tamén abordan a importancia que este fenómeno segue tendo hoxe en día para avanzarmos no coñecemento do Sol e como a intelixencia artificial contribúe a procesar a inxente cantidade de datos dispoñibles sobre a nosa galaxia.

Malia a tecnoloxía actual, saber orientarse polas estrelas continúa a ser unha habilidade esencial no mar, unha aprendizaxe imprescindible para a formación dos mariños. Ademais, a eclipse constitúe unha oportunidade única para estimular a curiosidade e o asombro nas crianzas e persoas maiores, e para espertar vocacións científicas en todas as etapas educativas.

Na última parte do programa, centrámonos no que acontecerá o 12 de agosto: que veremos exactamente no ceo, como escoller o lugar máis idóneo para a observación e, sobre todo, que precaucións debemos adoptar para protexer a vista durante esta experiencia inesquecible.

Vídeo

Este episodio de Onda Ciencia tamén foi gravado en video. Podes velo neste enlace.  

Podcast

Lista de programas

Fecha: 17 de Marzo de 2026 a las 16:00

Programa: Onda Ciencia

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

PARTICIPANTES

Miguel

Postprodución e difusión en redes sociais

Miguel

Postprodución e difusión en redes sociais

Isa Lema

Presentadora

Isa Lema

Presentadora

Mariano

Control técnico

Mariano

Control técnico

Chema Casanova

Control técnico

Chema Casanova

Control técnico

Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDC)

Produción

Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDC)

Produción

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo