Escuela de Familias, o programa realizado pola ONG ACCEM en CUAC FM alcanzou as cinco tempadas e 50 programas de emisión.
Diante dos micrófonos estiveron máis de 75 persoas de 30 nacionalidades e idades diferentes, e calcúlase que polo menos 800 persoas escoitaron e/ou compartiron estas contidos.
Escuela de Familia aborda temáticas coma “O duelo migratorio na adolescencia”, “A importancia das AMPAS para a participación na escola”, “As familias migrantes e o proceso de reagrupamento” ou “A interculturalidade na comunidade educativa”, entre outros.
ACCEM ven de publicar unha nova na súa Web en recoñecemento a este traballo e que podedes consultar neste link.
Podes coñecer máis sobre o proxecto escoitando a ponencia de Yosehanna Ledesma no I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática e Medios de Comunicación, organizado por CUAC FM e dispoñible na Web https://cuacfm.org/congreso-2022/ e na canle de YOUTUBE de CUAC FM.
Tamén podes ler o artigo nomeado “Escuela de Familias: la radio como herramienta de participación intergeneracional para promover la diversidad cultural” publicado no libro “Alfabetización Mediática y Medios de Comunicación. Experiencias, Aprendizajes y Potencialidades de los Medios Comunitarios”.