CUAC FM emite este xoves 11 de maio desde as 16.00 o especial Ciencia na Rúa 2023. Un programa especial de máis de 2 horas de duración que se emitiu en directo desde o Parque de Santa Margarida da Coruña o pasado 6 de maio.
O programa contou con escolas convidadas da Coruña e da provincia e que participaron nesta celebración das ciencias escolares. Ademáis, tamén se lle deu voz á xente e ao alumnado que acudiu esa mañá ao parque coruñés.
Participaron no programa:
- Ricardo Cao (CITIC-UDC), presentando un proxecto sobre Ciencia de Datos para analizar a cardiotoxicidade en cancro de mama.
- Óscar Lamiño, Xefe de Estudos do CEIP Plurilingúe Ría do Burgo de Culleredo, e os seus alumnos, que amosan o proxecto “peixes en movemento”.
- Alberto López, do CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel, e os seus alumnos, que amosaron pequenas actividades sobre realidade aumentada, froitas musicais, e un elevador de Pascal.
- Elva Pillado, da Axencia de doazón de Órganos e Sangue
- Bea Permuy, mestra do CEIP A Magdalena, de As Pontes, e o seu alumnado, que ven presentar diversos experimentos e luz UV.
- Paz Freire e os participantes de ZalaTecno, o clube de ciencia e tecnoloxía de IES Menéndez Pidal Zalaeta
- Pedro del Pozo, profesor de Física e Química do IES A Sardiñeira, e o clube de ciencias do cole, que nos falaron da ciencia dos alimentos
- Patricia Hermida, que nos presentou o Proxecto MIO (Make It Open) do IES de Ortigueira en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses
- Xacobo de Toro, Xefe do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do CPI O Cruce de Cerceda, que veñen de desenvolver un percorrido virtual e interactivo polo rego das Cavancas.
- A Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, un ano máis traballando a reo na organización deste gran evento
E moitas máis voces de mozos e mozas investigadoras, visitantes entrevistados a pé de rúa co noso micro inalámbrico, e entrevistados inesperados que sorprendemos poñendo un micro diante do pico.
Foron tres horas de radio en directo con moita diversión e ganas de aprender e compartir este día tan especial cos seus protagonistas, os nenos e nenas que se achegaron de coles de toda Galicia.
Escoita este programa en directo na 103.4 da FM, na nosa web, nas apps para Android e iOS e, se non podes, non deixes de escoitar o podcast nesta ligazón.
EQUIPO CUAC FM
Conducción: Samuel S. Cao & Camilo Rey
Control técnico: Mariano Fernández Cabarcos & Roberto Ansede
Rexiduría: Bea Ulalume & Tomi Desastre
Reporteir@s: Cristina Areal, Miguel Anxo Facal, Chus Abeledo, Paula Alonso, Nuno, Marta Enworking, Yosi, Estela, Thánatos e María Abeledo
Redes Sociais: Tomi Desastre & Miguel Anxo Facal
Producción: Isabel Lema