Día da Ciencia na Rúa

...

Día da Ciencia na Rúa

A primeiros de maio celébrase na Coruña o Día da Ciencia na Rúa, un grande evento nos exteriores da Casa das Ciencias onde diferentes entidades, especialmente centros escolares, achegan coñecementos científicos á cidadanía dun xeito sinxelo e entretido mediante a información, a experimentación e o xogo. Esta actividade organizase todolos anos grazas ao traballo da asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Cuac FM vén participando neste evento dende o ano 2013 facendo un programa presencial en riguroso directo, onde entrevistamos a moitas das organizacións participantes, ademais de informar sobre as actividades e o ambiente deste día tan especial. Anímate a vir e ver como se fai un programa de radio!

Podes escoitar todos os programas de Cuac FM no Día da Ciencia na Rúa en https://cuacfm.org/dia-da-ciencia-na-rua/

 

(Foto: Marcus)

Lista de programas

Language: Gallego

Category: Ciencia y medicina

RSS:

Episodios

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo