7x1 ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2019

...

7x1 Especial Día Da Ciencia Na Rúa 2019

Programa especial de Cuac FM en directo dende o Parque de Santa Margarida (A Coruña), realizado co gallo do Día da Ciencia na Rúa. Comezamos o programa cunha entrevista á investigadora e enxeñeira Amal Nnechachi, do laboratorio de Enxeñería Cartográfica (cartoLAB) da Escola de Camiños da UDC. Amal presentounos o proxecto “Monelos River Revival” (MONRIVER) que busca a recuperación ambiental do río Monelos ao seu paso polo municipio da Coruña. Outros convidados do programa foron Raquel Perez Fuentes (PROJECT DROID), Diego López González, Director da Cámara Mineira de Galicia, BRICOLABS, o astrónomo Borja Tosar; amigos da agrupación astronómica IO. Asimesmo, estiveron nos micros de Cuac FM profesorado e alumnado do IES Rafael Dieste, IES A Sardiñeira; CEIP Ría do Burgo e outros centros educativos da bisbarra.

Un programa realizado por CUAC FM co seguinte equipo: Isabel Lema, Chema Casanova e Samu Cao na conducción. Alex Cortiñas e Mario Lois, aos controis técnicos. Bea Ulalume na rexiduría. Tomi Desastre e Chus Abeledo coma community managers. Puerto Pérez, Concha Maneiro, Nuno Cabezudo, Miguel Anxo Facal, Camilo Rey e Ariana F. Palomo como reporteiras e entrevistadoras. Separadores científicos elaborados por Fer Liñares, Isa Lema e Chema Casanova. Edición sonora: Bea Ulalume. Pre e post producción a cargo da coordinadora de contidos de Cuac FM.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 4 de May de 2019 a las 11:00

Programa: Día da Ciencia na Rúa

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo