8x1 DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022

...

8x1 Día Da Ciencia Na Rúa 2022

Programa especial de Cuac FM realizado en directo, dende o Parque de Santa Margarida (A Coruña), realizado co gallo do Día da Ciencia na Rúa, co seguinte equipo: Samu Cao e Camilo Rey na presentación e conducción. Mariano Fernández e Jorge Delgado, ao control técnico. Tomi Desastre na rexiduría. Cris Areal, Santi Rey, Chus Abeledo, María Abeledo, Yosi Ledesma. Mónica Fernández, Duvraska Plaza, e Estela López foron as nosas reporteiras a pé de jaima.Pre e post producción a cargo de Isa Lema e Chema Casanova. 

 Comezamos o programa cunha entrevista ás investigadoras do INIBIC- Instituto de Investigaciones Biomédicas de A Coruña María Mayán, Paula Carpintero, Margarita Poza e Juan Vallejo.

Seguimos o programa entrevistando a Marcos Pérez Maldonado, director de Museos Científicos Coruñeses, que foi a entidade organizadora do Día da Ciencia na Rúa. 

O primeiro centro educativo que pasou hoxe polos micros de CUAC foi o CEIP Plurilingüe Ría do Burgo,  con Vicente Muñoz (Director do colexio) e Óscar Lamiño (Xefe de Estudos e responsable do Club de Ciencias) e o seu alumnado quen ven a presentarnos o resultado do seu traballo nos “Xoves de Ciencia”. 

Falamos co alumnado do Colexio Montespiño, que nos presentan actividades relacionadas coa xeometría na natureza, de diversas formas, con xogos e actividades para todas as idades. As formas xeométricas están ao noso redor. 

Roberto Catoira, do colexio Calasanz deunos a mellor noticia da temporada: A fume de carozo, o programa educativo de Cuac FM, volverá a temporada que ven despois de dous anos de parón polo Covid. 

Os rapaces do Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón presentáronos os proxectos Ecolarre (bicicleta sostible con placa solar para cargar ou móbil) e BioPen, un bolígrafo biodegradable a partir de materiais renovables, biodegradables e reutilizados. 

Ricardo Cao e Nelly Condori, do CITIC – UDC, presentaron un detector de estrés e tamén o proxecto COVIDBENS: data science na cuantificación do ARN do virus SARS-COV-2 en augas residuais. 

Eva Cabanelas e Julián Peñalosa do Colexio Maristas describíronnos os experimentos "unha nube nunha botella" e "pasta de dentes para elefantes", “calculadora de mármore”, “iluminación sen fíos” e “inhibición do teléfono”. 

Xabier Pérez, da Agrupación Astronómica ÍO achegounos ás constelacións táctiles e ao Mapa de Ceo, con materiais adaptados para persoas con dificultades visuais. 

Moitos máis xóvenes investigadores e visitantes pasaron polos micrófonos de CUAC FM de man das nosas reporteiras dicharareichas. 

E despedimos o programa cunha visita sorpresa: Inés Rey, alcaldesa da Coruña. 

 O Especial Día da Ciencia na Rúa é un programa comunitario de CUAC FM, impulsado pola coordinadora de contidos da emisora comunitaria da Coruña.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 7 de May de 2022 a las 11:00

Programa: Día da Ciencia na Rúa

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo