O sábado 5 de Maio de 2018, CUAC FM, a radio comunitaria de Coruña, emitiu un programa especial en directo, dende o parque de Santa Margarida, adicado á ciencia como ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas e dos ecosistemas. Un programa producido no marco do XXIII Día da Ciencia na Rúa, organizado polo Asociación de Amigos da Casa de las Ciencias.
Ao longo de 3 horas de programa en directo entrevistamos a científicos que traballan na Coruña como Santiago Parra, Director do Centro Oceanográfico de A Coruña, institución que este ano cumpre o seu 50 aniversario!
Adina Dumitru e Ricardo García Mira, da Universidade da Coruña, xunto coa Concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, faláronos do Simposio Europeo “Horizon 2020 european dialogue and clustering action transforming cities, enhancing wellbeing: innovating with nature-based solutions”, que se celebrarán na Coruña el 16-18 maio, dentro do proxecto de I+D+I CONNECTING NATURE
Contamos tamén coa participación de Miño Guerreiro, representante de Enxeñeiros sen Fronteiras Galicia, que ven de celebrar o seu 25 aniversario dende a súa fundación na nosa comunidade.
O progama rematou con dúas entrevistadas de luxo, a directora do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Marián del Egido e Paloma Domingo, recén nomeada directora xeral da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
Mais os grandes protagonistas da xornada foron, por suposto, os nosos xóvenes cientificos, os estudantes dos centros de primaria e secundaria chegados de todas partes de Galicia que nos presentaron os seus experimentos máis inxeniosos. Pasaron polos micrófonos de Cuac FM Juan Luis Naveira Bellón e Javi Cortegoso (ES Eduardo Blanco Amor de Culleredo), Manuel Pérez e Sergio Ruzo (CPR Plurilíngüe Valle- Inclán 1 de Ferrol), A alumnas de 2º da ESO do Colegio Salesianos de A Coruña, MªAntonia Peris, profe de ciencias do Colexio Montespiño, as alumnas e profesores do colexio Nosa Señora do Rosario de Aspronaga, o IES María Casares de Oleiros, o CPR de Nosa Señora do Carme de Betanzos, entre moitos outros.
Podedes atopar fotos e vídeos de todas as entrevistas/os nas nosas redes sociais:
FB: https://www.facebook.com/cuacfm/
TW: https://twitter.com/cuacfm
Un programa de tres horas de duración presentado por Isa Lema e Samu Cao. Ao fronte do equipo técnico estiveron Mr Iverson, Mariano Fernández e Chema Casanova. E na producción contamos cun equipazo conformado por Roberto Catoira e Bea Ulalume (rexiduría), Roberto Ansede e Mario Lois (redes sociais), Mónica Alonso e Nuno Cabezudo (reporteiros a pé de estudo). Como reporteiros destacados nas Jaimas da Casa das Ciencias contamos con Concha Maneiro, Marta Gómez e Chus Abeledo e Rodri Gil.
Date: May 5, 2018, 11 a.m.
Programme: Día da Ciencia na Rúa
Category: Science & Medicine