“NADA QUE VER” UN DOCUMENTAL SOBRE CUAC FM, dirixido por IAGO PRADA.

CUAC FM 103.4, a Radio Comunitaria da Coruña, cumpre este 27 de marzo 27 anos de vida. Co gallo do seu aniversario ven de publicar en Internet, a través desta WEB e da súa canle de youtube, o documental NADA QUE VER, dirixido polo cineasta IAGO PRADA, que recolle, nunha hora, a traxectoria desta emisora de radio local e comunitaria.

A cinta tenta amosar o que supón para moitas persoas e colectivos a oportunidade de comunicar a través dos seus programas de radio múltiples temáticas nun medio comunitario.

Dende CUAC concebimos esta peza audiovisual coma unha homenaxe, non so ás persoas que fixeron radio connosco durante estas dúas décadas e media, senón tamén ao resto das radios e televisións libres e comunitarias. Uns medios que levan garantindo o dereito a comunicar da cidadanía durante máis de 40 anos sen contar coa protección e impulso que merecen e que teñen na inmensa maioría dos paises do noso entorno.  

O documental estreouse en febreiro de 2022 no Teatro Colón, cunha inmellorable acollida por parte do público.

A segunda proxección tivo lugar no paraninfo da Maestranza da Universidade da Coruña no marco do I Congreso Internacional de Alfabetización Mediática en Medios: Experiencias, Potencialidades e Desafíos para os Medios Libres e Comunitarios”  celebrado en A Coruña, do 24 ao 26 de novembro de 2022.

APOIOS INSTITUCIONAIS

O documental está subvencionado pola Deputación da Coruña.  

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.