O prazo de inscrición finaliza o día 13 de maio
CUAC FM CONVOCA A XXIV EDICIÓN DO CONCURSO DE BANDAS E SOLISTAS
* O prazo para presentarse finaliza o 13 de maio
* Poden presentarse bandas e solistas de todo o estado español
* Duas bandas galegas actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia
* Créase o Premio Eva Coyote para bandas de A Coruña
A Radio comunitaria de A Coruña, CUAC FM 103.4, continúa o seu traballo de promoción de propostas emerxentes no terreo da música. Este 2022 celebra a 24ª edición do seu Concurso de Bandas e solistas, o máis lonxevo de Galicia. Co financiamento da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de A Coruña o concurso ofrecerá premios a un total de 5 bandas. O requisito para poder presentarse é ter editadas un máximo de 15 cancións e o prazo para facelo finaliza o 13 de maio. As bases e o formulario de inscrición están na web cuacfm.org Esta é a ligazón directa:
Convocatoria oficial do XXIV Concurso CUAC FM
O concurso divídese en duas fases.
A primeira para Bandas e solistas galegos da que sairán duas gañadoras que actuarán no Festival Noroeste Estrella Galicia e a segunda, xa para proxectos de todo o estado Español do que sairán as propostas finalistas na Batalla de Bandas que se celebrará o día 22 de outubro na sala Mardi Gras, disputándose 1700 euros en premios.
Como novidade nesta edición, créase o Premio Eva Coyote, en homenaxe á artista e organizadora de concertos, técnica de son… Eva Piñeiro, que faleceu en 2021. Este premio é exclusivo para bandas ou solistas locais, está dotado con 800 euros e será para a banda ou solista coruñés que máis votos obteña, excluindo aqueles que xa fosen premiados tanto na primeira fase como na Batalla de Bandas.