CUAC FM cumple 25 anos emitindo no 103.4 do dial coruñés

O 27 de marzo de 1996 inaugurouse CUAC FM no Campus universitario de A Zapateira, nas instalacións da Facultade de Económicas. 25 anos despois e nunha ubicación tamén pertencente á Universidade da Coruña o proxecto continúa adiante dende a frecuencia modulada no dial 103.4, ademáis de dende a páxina web cuacfm.org/directo e a App gratuita

CUAC FM organiza dous concertos este mes en A Coruña.

O 26 e 27 de marzo, con entrada libre, duas tardes de actuación musical no Centro Ágora coincidindo co 25 aniversario da inauguración da emisora comunitaria. A XXII Edición do Concurso de bandas e solistas tiña pendente a celebración da Batalla de Bandas e a actuación da Mellor Banda local debido ao peche das salas