Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, dende Cuac FM queremos informarvos da implantación dun plan de medidas especiais que se estenderá á nosa actividade como medida de responsabilidade e prevención ante a situación de excepcionalidade provocada polo virus Covid-19.
Así, Cuac FM, dende este venres 13 de marzo, adoptará as seguintes actuacións:
1.Suspender a programación radiofónica ordinaria que supón a emisión en directo, dende os estudos de CUAC FM, para evitar o risco de contaxio entre as máis de cen persoas que fan radio semanalmente na nosa emisora, preservando así a saúde dos nosos locutores, técnicos, colaboradores e entrevistados.
2. Suspender as actividades de formación programadas dende a Escola de Radio e Asociacionismo de CUAC, tanto as que desenvolven nas instalacións propias como en espazos alleos á emisora.
3. Cuac FM seguirá emitindo programación radiofónica a través da FM e streaming, mais serán contidos musicais e culturais ou aqueles producidos de maneira non presencial. Redifundiranse tamén contidos radiofónicos xa emitidos con anterioridade.
4. Cuac FM seguirá emitindo os informativos diarios e a programación non propia (como La Cafetera ou Carne Cruda), co fin de seguir retransmitindo información e contidos de actualidade á súa audiencia.
5. Cuac FM está a traballar na posibilidade de realizar unha programación especial de carácter divulgativo para manter á cidadanía informada periódicamente sobre a crise do coronavirus.
Establecemos estas medidas, inicialmente, por un período de 15 días a partir do venres 13 de marzo e se adaptarán á evolución da situación e as indicacións que trasladen as autoridades competentes.
2 thoughts on “Cuac FM altera a sua programación para previr os riscos asociados ao Covid-19”