Eleccións UDC 2019. Debate entre os candidatos en CUAC FM. Sábado 30, 12:00 da mañá

Debate en directo cos dous candidatos á reitor, Julio Abalde Alonso e Fernando Martínez Abella, que se emitirá mañá sábado 30 de novembro, en directo, ás 12 da mañá. O debate poderase seguir no 103.4 da FM (A Coruña) e a través do noso streaming na web https://cuacfm.org/directo

 1 comment

Novo Programa: Tá-se bem na rádio

Este mes fixemos estrea dun novo programa: Tá-se bem na rádio. Un espazo no que se fala dos medios de comunicación, de actualidade de programas e series e, de cando en vez, de Eurovisión. Podes escoitalo cada dous martes de 20:00 a 21:00 ou no noso servizo de podcast.

Cuac FM na Open Source Hardware Demonstration 2019

Mañá, sábado 9 de novembro, Internet de Tu Color Favorito grabará un programa de 18:00 a 20:00 desde a Domus con motivo da OSHWDem de BricoLabs