En Cuac FM damos a benvida ao novo programa “Cuidado Corazón!” que chega á grella da emisora comunitaria da Coruña da man da Asociación Española de Enfermaría en Cardioloxía (AEEC) e producido por enfermeiras do Complexo Hospitalario da Coruña (CHUAC).
Cuidado Corazón! emítese os mércores ás 19:00 horas, con temporalidade quincenal
Cuidado Corazón! é un programa divulgativo dirixido a aumentar a educación sanitaria da cidadanía, co corazón como fío conductor, abordando temáticas como prevención de cardiopatías, factores de risco e recomendacións para levar unha vida saudable, etc.
Cuidado Corazón será tamén un espazo de difusión de diferentes proxectos desenvolvidos no eido da saúde e que son de interese do público en xeral.
Podedes escoitar Cuidado Corazón! os mércores ás 19:00 horas en directo en cuacfm.org/directo e no seu podcast en calquera momento.