Hoxe martes 12 de marzo de 2019, ás 19.00 horas, no programa “Recendo“, adicado ácultura galega, disfrutaremos coa presencia do actor e humorista galego de moda: Xosé Antonio Touriñán.

Touriñan saltou á fama grazas a un dos programas máis veteranos da televisión estatal, Luar. Mais pronto saltou ao mundo das series da TVG, con Padre Casares. O seu programa máis popular quizais sexa Land Rober.  Actualmente goza de fama internacional grazas a súa excelente interpretación de Paquito Charlín en Fariña.

Escoita a entrevista en directo no 103.4 da FM, na nosa web https://cuacfm.org/directo/

Escoita o podcast en calquera momento no noso repositorio web.

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.